Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados
Elaboración dun traballo (texto escrito, estudo dialectolóxico ou análise de calquera aspecto relacionado co programa).
25
Resolución de problemas e/ou exercicios
<br> Exercicios relacionados cos temas da materia.
15
Outras Exame 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modelo A. Para se poderen presentar ó exame, os estudantes que asistan con regularidade ás clases (como mínimo o 80%) terán que estar aprobados dos exercicios das clases B e do traballo obrigatorio das clases C. Para aprobar a materia hai que superar o traballo, os exercicios e o exame. As notas do exame aprobado sumaranse ás notas de B e C.

Modelo B. Os estudantes que non asistan regularmente ás clases (menos do 80%) terán que presentarse ó exame pero deberán entregar os exercicios das clases B e un traballo equivalente ó das clases C dúas semanas antes da data oficial do exame. Estes traballos só contarán como requisito para poder facer o exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000