Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Elaboración dun traballo (texto escrito, estudo dialectolóxico ou análise de calquera aspecto relacionado co programa). 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicios relacionados co temario da materia. 20
Outras Exame. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modelo A: O alumnado que asista regularmente á clase (como mínimo o 80%), para poder presentarse ao exame, terá que superar antes os exercicios das clases B e o traballo das clases C. Para aprobar a materia hai que superar o traballo, os exercicios e o exame. Mentres non se aprobe o exame non se sumarán as notas de B e C.

Modelo B: O alumnado que non asista regularmente á clase (menos do 80%), para poder presentarse ao exame terá que entregar dúas semanas antes da data oficial, e como requisito, os exercicios das clases B e un traballo equivalente ao das clases C. Estes traballos só contarán como requisito para poder presentarse ao exame.

Na segunda convocatoria procederase ao mesmo sistema de avaliación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000