Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica da lingua e literatura: Español
   Competencias
Código Descrición
B1 Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
B2 Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
B3 Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar
B4 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá
B8 Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas
B10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes
B11 Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
B12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos
C43 Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación
C44 Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil
C45 Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura
C46 Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma correspondente
C47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino
C48 Fomentar a lectura e animar a escribir
C49 Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes doutras linguas
C50 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües
C52 Desenvolver e evaluar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes
C69 Estas competencias, xunto coas propias do resto de materias, quedarán reflectidas no Traballo fin de Grado que compendia a formación adquirida ao longo de todos as ensinanzas descritas
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización e planificación
D3 Comunicación oral e escrita na lingua materna
D5 Coñecemento de informática relativos ao ambito de estudo
D6 Capacidade de xestión da información
D9 Traballo en equipo
D13 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade
D16 Aprendizaxe autónoma
D17 Adaptación a novas situacións
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000