Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua inglesa e a súa didáctica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Ó longo do curso o alumnado, en grupos, deberá facer 2 exposicións obrigatorias. Exposición 1 (en grupo): elaboración dunha secuencia CLIL ca metodoloxía e as actividades que consideren relevantes para o nivel e a temática seleccionada. Ademais de presentar oralmente o traballo os estudantes deberán representar a súa secuencia, turnándose nas funcións de profesor todos os membros do grupo (20=15+10 puntos).

Ó mesmo tempo deberase entregar por escrito (tanto en formato papel como en formato electrónico), unha copia do devandito traballo na data indicada (30=20+10 puntos).

Os grupos escollerán o ciclo e o curso para o cal elaborarán a secuencia.

Exposición 2 (individual o en parellas): o tema pactarase ó principio do curso (10 puntos).

A data de entrega dos traballos pactarase ó principio do curso e non se admitirán traballos fóra de data.

A utilización de tradutores automáticos está totalmente prohibida.
60 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B10
C11
C13
C16
C34
C43
C45
C48
C50
C51
C52
C62
C65
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D19
D20
D21
Resolución de problemas e/ou exercicios Ó longo do curso recolleranse na aula unha serie de tarefas que serán avaliadas para a nota final (25 puntos).

O exame oral estará relacionado co filme e os contos obrigatorios especificados na bibliografía (15 puntos).
40 A2
A4
B1
B10
C34
C50
C51
C52
C63
C65
D1
D4
D7
D9
D16
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OUTRAS VIAS:

 En caso de ausencia forzosa do docente, as tarefas e contidos poderán ser abordados por vía Telemática. 


 AVALIACIÓN: 

Posto que a materia ten dúas partes diferenciadas, a avaliación terá unha parte centrada na didáctica e outra na lingua. A avaliación será continua. Por tanto a asistencia ás exposicións é moi importante xa que haberá que avaliar o traballo dos compañeiros. 

 Durante o cuadrimestre os alumnos deberán ler os contos de lectura obrigatoria e ver a película que se recomenda na bibliografía. 

 O uso de tradutores automáticos está totalmente prohibido. A súa utilización suporá a perda da opción á avaliación continua, tendo que presentarse á avaliación da segunda convocatoria. 

 Calquera situación extraordinaria comunicarase ao profesorado para a súa consideración. 


 SEGUNDA CONVOCATORIA: 

 Se o alumnado non pode cumprir os requisitos da avaliación continua ou se non acadara os puntos necesarios para superar a materia durante a evalución continua, poderá presentarse á segunda convocatoria. Neste caso será avaliado cun único exame en inglés con probas escritas e orais (70+30). A proba escrita estará relacionada cos contidos do programa, e de aprobar a escrita, farase unha proba oral, na que o estudante deberá conversar sobre a película obrigatoria e os contos obligatorios. 

 A data do exame escrito será a da data oficial fixada polo centro para a segunda convocatoria (feduc.webs.uvigo.es). 
 As datas dos exames orais acordaranse segundo as dispoñibilidades de horarios do centro e do alumnado que aprobase o exame escrito.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000