Guia docente 2014_15
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Específicas
  A1 Competencias interpretativa e operativa da comunicación como realidade e como campo de estudo
  A2 Coñecemento da evolución histórica da comunicación publicitaria e das relacións públicas, así como dos aspectos industriais, sociopolíticos e estéticos que inciden nos seus elementos, formas e procesos
  A3 Competencias socioculturais: Coñecemento dos procesos sociopsicolóxicos que afectan ao desenvolvemento da comunicación en xeral, os específicos da comunicación publicitaria e os propios das relacións co público
  A4 Coñecemento da estrutura dos medios publicitarios: características, tipoloxías e problemáticas
  A5 Coñecemento teórico práctico da publicidade e das relacións públicas tanto nos seus procesos como nas súas estruturas organizativas ou redes sociais
  A6 Coñecemento teórico-práctico dos elementos, formas, linguaxes e procesos publicitarios no contexto internacional
  A7 Competencias imaxinativas e coñecemento dos métodos do pensamento creador e a súa aplicación no proceso de comunicación, na publicidade e/ou nas relacións públicas
  A8 Coñecemento da ética e a deontoloxía profesional da publicidade así como do ordenamento xurídico que afecta ás prácticas comunicativas
  A9 Coñecemento das perspectivas e metodoloxías de investigación dos axentes e entornos implicados na comunicación así como das metodoloxías e técnicas de investigación dos suxeitos e elementos da comunicación publicitaria e das relacións públicas.
  A10 Coñecemento das estratexias, e o seu desenvolvemento creativo, aplicables nas institucións e empresas públicas e privadas, así como das metodoloxías necesarias para a súa análise, auditoría e avaliación
  A11 Estudo do departamento de comunicación nas empresas e institucións e das habilidades e técnicas necesarias para a súa dirección de comunicación e, en especial, da xestión do coñecemento e dos intanxibles da empresa. Coñecemento teórico e práctico das técnicas de xestión en empresas de comunicación
  A12 Competencia ou alfabetización dixital: capacidade e habilidade para utilizar as tecnoloxías e técnicas comunicativas, nos distintos medios ou sistemas mediáticos combinados e interactivos (multimedia) e para a creación en novos soportes
  A13 Destrezas sobre o entorno: Capacidade de describir e diagnosticar as cuestións fundamentais da comunicación na sociedade contemporánea
  A14 Coñecemento das estratexias e procesos encamiñados á creación e realización de mensaxes publicitarias nos distintos soportes e medios de comunicación
  A15 Capacidade e habilidade para establecer a planificación publicitaria fixando obxectivos, definindo público obxectivo, suscitando estratexias e controlando a súa xestión comunicativa
  A16 Destrezas expresivas: capacidade e habilidade para dar forma creativa á mensaxe. Realización de pezas publicitarias básicas e supervisión da súa produción definitiva
  A17 Capacidade para exercer como expertos na xestión estratéxica da imaxe corporativa e a reputación dunha organización
  A18 Capacidade e habilidade para responsabilizarse da área de comunicación dunha organización, xerir a responsabilidade social corporativa e as relacións con diferentes públicos, tanto internos como externos, e deseñar o plan de comunicación e de crise
  A19 Destrezas investigadoras: coñecemento das metodoloxías e técnicas de investigación dos axentes e entornos implicados na comunicación
Sinale B Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Transversais
  B1 Competencia interpretativa do entorno: capacidade para interpretar, analizar e interpretar o entorno económico, político, socio-cultural, tecnolóxico e comunicativo
  B2 Coñecemento das estruturas organizativas, corporativas e institucionais cos seus respectivos papeis na comunicación social mediada
  B3 Capacidade de analizar os elementos da comunicación e xerar os coñecementos nesta disciplina
  B4 Capacidade de análise, de síntese e de xuízo crítico
  B5 Capacidade de fixar obxectivos relacionando causas e efectos
  B6 Capacidade para administrar o tempo, con habilidade para a organización de tarefas
  B7 Capacidade para actuar en liberdade con responsabilidade, asumindo referentes éticos
  B8 Competencias creativas: capacidade para a creatividade, a innovación e a adaptación ao cambio
  B9 Capacidade de adaptación aos obxectivos organizativos e de traballo en equipo
  B10 Capacidade de relacionarse coas persoas e coa contorna desde a identidade e os valores organizativos
  B11 Capacidade de asumir o liderado en proxectos, xeríndoos eficientemente e asumindo compromisos de responsabilidade social
  B12 Capacidade para o traballo en equipo a través da comunicación oral e escrita
  B13 Preparación para asumir o risco na toma de decisións
  B14 Capacidade para a xestión económica e orzamentaria no ámbito da súa actividade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000