Guia docente 2015_16
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioloxía: Fisioloxía humana
   Competencias
Código Descrición
B1 Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas coma enfermas, no medio natural e social.
B2 Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.
B5 Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais.
B12 Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde.
B17 Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta.
B19 Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral coma escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
C1 Coñecer e comprender a Anatomía e Fisioloxía humanas, destacando as relacións dinámicas entre a estrutura e a función, especialmente do aparato locomotor e os sistemas nervioso e cardio-respiratorio
C3 Coñecer e comprender os factores que inflúen sobre o crecemento e desenvolvemento humanos ao longo de toda a vida
C4 Coñecemento e comprensión da estrutura e función do corpo humano a nivel molecular, celular, de órganos e sistemas; dos mecanismos de regulación e control das diferentes funcións
C8 Coñecer e comprender os principios e aplicacións dos procedementos de medida baseados na biomecánica e na electrofisioloxía
C21 Adquirir formación científica básica en investigación
C45 Incorporar a investigación científica e a práctica baseada na evidencia como cultura profesional
C49 Afrontar o estrés, o que supón ter capacidade para controlarse a si mesmo e controlar a contorna en situacións de tensión
C53 Habilidade para o manexo de instrumentos de laboratorio e de aparellos básicos para o estudo experimental
C54 Interpretar os resultados dun experimento básico en ciencias biolóxicas e físicas
D1 Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiais da Comunidade Autónoma.
D2 Capacidade de análise e síntese.
D3 Capacidade de organización e planificación.
D4 Capacidade de xestión da información
D5 Resolución de problemas
D6 Toma de decisións
D7 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo
D9 Compromiso ético
D10 Traballo en equipo
D11 Habilidades nas relacións interpersoais
D12 Razoamento crítico
D13 Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade.
D15 Aprendizaxe autónoma
D16 Motivación por a calidade.
D17 Adaptación a novas situacións
D18 Creatividade
D19 Iniciativa e espírito emprendedor
D20 Liderado
D23 Traballar con responsabilidade
D24 Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora
D30 Desenvolver a capacidade para organizar e dirixir
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000