Guia docente 2009_10
E.U. de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Afeccións Medicocirúrxicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de xeito directo e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia.
30%
Sesión maxistral Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de xeito directo e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. 70%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia consta de dúas unidades: unidade I: Afeccións cirúrxicas, e
unidade II: afeccións médicas. A avaliación farase de cada unidade, sendo
necesario aprobar as dúaspara superar
a materia.

Avaliación unidade I: afeccións cirúrxicas.

O exame teórico terá un valor do 35% da nota final. Constará de 100 preguntas
con 4 opcións de respostas e só será válida unha contestación. As preguntas
mal contestadas non restarán puntuación. Deberase conseguir o 60% do total da
puntuación posible.

Estudo de casos: Valorarase o interese do alumno en relación coas preguntas e
dúbidas expostas. O exame terá un valor do 15%.

Avaliación unidade II: afeccións médicas.

Terá lugar unha proba obxectiva ao final do curso académico. Na devandita
proba nunca se puntuará negativo, pero non se permitirá deixar sen
contestación efectiva máis do 25% das preguntas, tendo un valor do 35% da
nota final. Nesa proba incluiranse preguntas referentes ao estudo de casos
tendo un valor do 15% da nota final.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000