Sesión maxistral |
Haberá un exame final, unha proba tipo test de resposta única. Cada pregunta ben respondida contará 1 punto; as deixadas en branco non descontarán puntuación, pero as que teñan a resposta equivocada si, segundo a fórmula: acertos - (erros / nº de opcións de resposta en cada pregunta). Terá un valor do 90% da nota final en cada unidade. |
90 |
Para poder
presentarse a exame en calquera das dúas convocatorias, é obrigatorio asistir
aos seminarios. Esta materia
consta de dúas unidades: Unidade I: Afeccións Médicas, e Unidade II: Afeccións
Cirúrxicas. A avaliación farase de cada unidade por separado; sendo necesario,
para aprobar a materia, asistir aos seminarios e superar as dúas Unidades. A
nota final (global) será a media das dúas Unidades, se están aprobadas ou
suspensas ambas. Se só se aproba unha Unidade, consérvase ese aprobado dentro
do mesmo curso académico (ata xullo), e a nota de maio será a da parte
suspensa. |