Guia docente 2010_11
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Afeccións médicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de xeito directo e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. 90%
Estudo de casos/análise de situacións Proba na que se formula unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación etc. 10%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p>A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado farase sobre os
contidos teórico-prácticos desenvolvidos na materia.<br />
Terá lugar unha proba obxectiva ao final do curso académico. Na devandita
proba nunca se puntuará negativo, pero non se permitirá deixar sen
contestación efectiva máis do 25% das preguntas. Nesa proba incluiranse
preguntas referentes ao temario de seminarios (10%). Na puntuación final
recolleranse as puntuacións que os alumnos obtivesen como resultado da
avaliación das contestacións nos seminarios prácticos, sumada á nota final da
proba final.</p>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000