Guia docente 2010_11
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Cinesiterapia
   Competencias de titulación
Código Descrición
A2 Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.
A3 Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita, a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde.
A4 Adquirir a experiencia clínica axeitada que proporcione habilidades intelectuais e destrezas técnicas e manuais; que facilite a incorporación de valores éticos e profesionais; e que desenvolva a capacidade de integración dos coñecementos adquiridos.
A5 Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais.
A8 Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario.
A9 Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados.
A11 Proporcionarlles unha atención de fisioterapia eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes.
A12 Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde.
A13 Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
A14 Incorporar os principios éticos e legais da profesión na práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións.
A15 Participar na elaboración de protocolos asistenciais de fisioterapia baseada na evidencia científica.
A16 Levar a cabo as intervencións fisioterapéuticas baseándose na atención integral da saúde que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
A17 Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta.
A18 Adquirir habilidades de xestión clínica que inclúan o uso eficiente dos recursos sanitarios e desenvolver actividades de planificación, xestión e control nas unidades asistenciais onde se poña atención en fisioterapia e a súa relación con outros servizos sanitarios.
A19 Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral coma escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
B1 Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiais da Comunidade Autónoma.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B4 Capacidade de xestión da información
B5 Resolución de problemas
B6 Toma de decisións
B7 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo
B9 Compromiso ético
B10 Traballo en equipo
B11 Habilidades nas relacións interpersoais
B12 Razoamento crítico
B13 Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade.
B15 Aprendizaxe autónoma
B16 Motivación por a calidade.
B17 Adaptación a novas situacións
B18 Creatividade
B19 Iniciativa e espírito emprendedor
B20 Liderado
B23 Traballar con responsabilidade
B24 Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora
B25 Manifestar respecto, valoración e sensibilidade ante o traballo dos demais
B27 Manifestar discreción
B28 Mostrar a súa orientación ao paciente/usuario
B29 Axustarse aos límites da súa competencia profesional
B30 Desenvolver a capacidade para organizar e dirixir
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000