Guia docente 2015_16
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia xeral
   Competencias
Código Descrición
B2 Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.
B3 Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita, a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde.
B5 Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais.
B6 Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente.
B9 Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados.
B14 Incorporar os principios éticos e legais da profesión na práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións.
B15 Participar na elaboración de protocolos asistenciais de fisioterapia baseada na evidencia científica.
B19 Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral coma escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
C7 Coñecer e comprender as bases físicas dos distintos axentes físicos e as súas aplicacións en Fisioterapia
C8 Coñecer e comprender os principios e aplicacións dos procedementos de medida baseados na biomecánica e na electrofisioloxía
C14 Coñecer e comprender os conceptos de exploración física, valoración, diagnóstico e pronóstico; as bases teóricas das valoracións, test e comprobacións funcionais, a avaliación científica da súa utilidade e efectividade, así como as etapas e recursos do proceso de intervención de fisioterapia
C16 Coñecer e comprender os cambios estruturais, fisiolóxicos, funcionais e de conduta que se producen como consecuencia da intervención da Fisioterapia
C18 Coñecer e comprender os procedementos fisioterapéuticos xenerais e os derivados doutros axentes físicos
C20 Adquisición de vocabulario propio no campo da Fisioterapia
C21 Adquirir formación científica básica en investigación
C35 Valorar o estado funcional do paciente/usuario, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais
C36 Determinar o Diagnóstico de Fisioterapia de acordo coas normas recoñecidas internacionalmente e cos instrumentos de validación internacionais. Esta competencia inclúe xerarquizar as necesidades do paciente/usuario para atender con prioridade aquelas que máis comprometan ao proceso de recuperación
C38 Executar, dirixir e coordinar, o Plan de Intervención de Fisioterapia, atendendo ao principio da individualidade do usuario e utilizando as ferramentas terapéuticas propias da Fisioterapia, é dicir, o conxunto de métodos, procedementos, actuacións e técnicas que mediante a aplicación dos medios físicos: curan, recuperan, habilitan, rehabilitan, adaptan e readaptan ás persoas con deficiencias, limitacións funcionais, discapacidades e minusvalías; preveñen as enfermidades e promoven a saúde ás persoas que queren manter un nivel óptimo de saúde
C39 Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento de Fisioterapia en relación aos obxectivos marcados e aos criterios de resultados establecidos. Para iso será necesario: definir e establecer os criterios de resultados; realizar a valoración da evolución do paciente/usuario; rediseñar os obxectivos segundo a valoración, si é preciso; e adecuar o plan de intervención ou tratamento aos novos obxectivos, no seu caso
C41 Proporcionar unha atención de Fisioterapia de forma eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes/usuarios, para o que será necesario: Interpretar as prescricións facultativas; preparar o entorno en que se levará a cabo a atención de Fisioterapia para que sexa confortable; manter informado ao paciente do tratamento que se lle aplica, explicándolle as probas e manobras que se lle practican, a preparación que requiren, e exhortarlle a que colabore en todo momento; rexistrar diariamente a aplicación da atención en Fisioterapia, a evolución e os incidentes da mesma; identificar signos e síntomas de alteración das funcións biolóxicas relacionados coa atención de Fisioterapia; controlar e interpretar os signos vitais durante a execución do tratamento diario; orientar as actividades e modo de actuación en relación cos pacientes/usuarios, do persoal non sanitario e subalterno; e avaliar a propia atención proporcionada aos pacientes/usuarios
C42 Intervir nos ámbitos de promoción da saúde e prevención da enfermidade
C44 Incorporar á cultura profesional os principios éticos e legais da profesión
C45 Incorporar a investigación científica e a práctica baseada na evidencia como cultura profesional
C49 Afrontar o estrés, o que supón ter capacidade para controlarse a si mesmo e controlar a contorna en situacións de tensión
C51 Motivar a outros. O que supón ter a capacidade de xerar nos demais o desexo de participar activamente e con ilusión en calquera proxecto ou tarefa
C52 Aplicar os principios ergonómicos ou de hixiene postural no desenvolvemento da súa actividade
D1 Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiais da Comunidade Autónoma.
D2 Capacidade de análise e síntese.
D3 Capacidade de organización e planificación.
D4 Capacidade de xestión da información
D5 Resolución de problemas
D6 Toma de decisións
D7 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo
D9 Compromiso ético
D10 Traballo en equipo
D11 Habilidades nas relacións interpersoais
D12 Razoamento crítico
D13 Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade.
D15 Aprendizaxe autónoma
D16 Motivación por a calidade.
D17 Adaptación a novas situacións
D18 Creatividade
D19 Iniciativa e espírito emprendedor
D20 Liderado
D23 Traballar con responsabilidade
D24 Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora
D25 Manifestar respecto, valoración e sensibilidade ante o traballo dos demais
D27 Manifestar discreción
D28 Mostrar a súa orientación ao paciente/usuario
D29 Axustarse aos límites da súa competencia profesional
D30 Desenvolver a capacidade para organizar e dirixir
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000