Guia docente 2010_11
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia xeral
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Clases teórico-participativas onde se fomente a participación activa do alumnado, utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. Emprego de forma xenérica de medios audiovisuais, fundamentalmente ordenador persoal e proxector de vídeo. O alumno recibirá ao longo do cuadrimestre as diapositivas elaboradas polo profesor que lle servirán de guía a través da plataforma Tem@.
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas seguirase unha metodoloxía demostrativa cunha análise razoada de casos prácticos. O profesor mostrará os diferentes métodos e técnicas de Fisioterapia, así como as súas aplicacións. A continuación os alumnos realizarán por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo profesor e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Na corrección terase en conta por unha parte a posición do usuario/paciente, así como a execución da manobra e por outra parte a altura da mesa de tratamento e a postura do alumno que está a realizar a práctica. As prácticas de laboratorio faranse por grupo no laboratorio de Fisioterapia indicado polo profesor.
Traballos tutelados O estudante, en grupo, elabora un documento sobre unha temática da materia. Esta actividade inclúe a busca e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... Utilizarase a plataforma Tem@.
Presentacións/exposicións Exposición e defensa por parte do alumno ante o docente e os estudantes do traballo tutelado.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000