Guia docente 2015_16
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia xeral
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Sesión maxistral Clases teórico-participativas onde se fomente a participación activa do alumnado, utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. Emprego de forma xenérica de medios audiovisuais, fundamentalmente ordenador persoal e proxector de vídeo. O alumno recibirá ao longo do cuadrimestre as diapositivas elaboradas polo profesor que lle servirán de guía a través da plataforma Tem@.
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas seguirase unha metodoloxía demostrativa cunha análise razoada de casos prácticos. O profesor mostrará os diferentes métodos e técnicas de Fisioterapia, así como as súas aplicacións. A continuación os alumnos realizarán por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo profesor e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Na corrección terase en conta, por unha parte, a posición do usuario/paciente, así como a execución da manobra e, por outra parte, a altura da mesa de tratamento e a postura do alumno que está a realizar a práctica. As prácticas de laboratorio faranse por grupo no laboratorio de Fisioterapia indicado polo profesor.
Traballos tutelados O estudante elaborará en grupo un documento sobre unha temática da materia (conformaranse 12 grupos de traballo). Esta actividade inclúe a busca e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción e análise crítica. Utilizarase a plataforma Tem@. Unha vez elixido o tema, o grupo procederá á busca de artigos sobre o tema elixido (tantos artigos como alumn@s no grupo), elaborará un resumo (de cada un dos estudos) e, a continuación, fará un comentario sobre os resultados atopados neles. Resumos e comentarios subiranse a un foro aberto de cara a que os compañeiros poidan coñecer os resultados aportados por cada un dos grupos. Cada grupo terá que, posteriormente, presentar unha breve análise da información aportada por dous dos outros grupos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000