Guia docente 2011_12
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia xeral
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exame teórico de 10 preguntas cortas (hora e media de duración máximo). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 2 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de 1,6 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). El valor final de este examen será del 40 de la nota final.
Prácticas de laboratorio Exame práctico onde o alumno contesta dun modo práctico a 4 supostos (trinta minutos de duración, máis outros trinta como paciente para o compañeiro). Estes supostos prácticos son elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de casos clínicos que se fixeron ao longo do curso.
Neste exame práctico cada erro leve e cada franxa de 10 minutos que se exceda do tempo de exame descontaralle ao alumno 1 punto nunha escala de 0 a 10. Por outra parte, descontará 2 puntos cometer un erro grave e 2,5 puntos se se fai unha aplicación sen ter en conta unha contraindicación. Finalmente, deixar un dos supostos sen contestar descontará 3 puntos nunha escala de 0 a 10.
Para poder realizar o exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico. Sacarase listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.
Farase un sorteo público para determinar a partir de qué alumno da comezo o exame práctico.
Para superar o exame, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,5 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico, non se pode acadar menos de 2 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
El valor final de este examen será del 50 de la nota final.
Traballos tutelados Á hora de avaliar o traballo tutelado, esta valoración incluirá a valoración do propio traballo entregado polo alumnado, como a súa exposición e defensa. Así, o traballo entregado terá a metade do valor deste apartado da avaliación da materia, mentres que a exposición e defensa do mesmo, valerá a outra metade.
A realización, exposición e defensa do traballo é obrigatoria para superar a materia. Ao mesmo tempo, para a superación do traballo, será imprescindible asistir ás titorías, así como presentar e defender o traballo nas datas establecidas ao inicio do cuadrimestre.
O traballo terá que ser entregado en soporte informático ao profesor. Tamén pode empregarse a plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/), subindo o conxunto do traballo ao espazo que o grupo terá na mesma dentro da materia. Para a súa valoración, seguirase unha rúbrica (véxase en faiTIC).
Tamén se empregará unha rúbrica para avaliar a exposición e defensa por parte do alumno do traballo realizado (véxase en faiTIC).
O traballo considerase superado se se acada, polo menos, 0,5 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a facer media cos exames teórico e práctico, o alumno debe acadar cando menos 0,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
El valor final será del 10 de la nota final
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


Aos alumnos que non superen a materia, gardaráselles a parte superada para a segunda convocatoria dentro do mesmo ano académico.


Lembrar que para superar a materia, hai que asistir ás titorías, presentar e defender o traballo dentro das datas establecidas na programación da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000