Guia docente 2013_14
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia xeral
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Exame teórico de 15 preguntas cortas (duración máxima de 1 hora e media). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 2 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de 1,6 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Ademais, o exame teórico constará de catro bloques e en cada un deles haberá que acadar un mínimo de un 3 (nunha escala de 0 a 10 puntos) para que faga media co resto dos bloques. 40
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exame práctico onde o alumno contesta dun modo práctico a 5 supostos (cincuenta minutos de duración, máis outros cincuenta como paciente para o compañeiro; deses cincuenta minutos, unha das preguntas de masaxe consistirá en aplicar unha masaxe sobre unha zona corporal durante 20 minutos). Estes supostos prácticos son elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de casos clínicos que se fixeron ao longo do curso.
Todas as preguntas valoraranse de 0 a 10 puntos, pero cun peso diferente dentro do exame práctico. Así, a pregunta longa de masaxe suporá o 40% da cualificación final no exame práctico, o 20% a pregunta de hidroterapia, o 10% a de magnetoterapia e as outras dúas o 15%.
En cada pregunta, cada erro (na posición do fisioterapeuta, na colocación do paciente, no tempo de aplicación, na dose,...) descontaralle ao alumno 1 punto nunha escala de 0 a 10. Tamén descontará 1 punto nunha escala de 0 a 10 cada franxa de 5 minutos que se exceda do tempo de exame. Por outra parte, descontará 3,5 puntos cometer un erro grave (fallos no ritmo ou na secuencia de manobras na masaxe; mala adecuación entre intensidade e manobra empregada;...) e 7 puntos se se fai unha aplicación sen ter en conta unha contraindicación. Finalmente, deixar un dos supostos sen contestar descontará os 10 puntos de dita pregunta.
Para poder realizar o exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico. Sacarase listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.
Farase un sorteo público para determinar a partir de qué alumno da comezo o exame práctico.
Para superar o exame, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,5 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico, non se pode acadar menos de 2 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Ademais, en ningunha das partes do exame práctico (a correspondente a cada docente) poderase acadar menos dun 3 (nunha escala de 0 a 10 puntos) para que faga media co resto das partes.
50
Traballos e proxectos Á hora de avaliar o traballo tutelado, esta valoración incluirá a valoración do propio traballo entregado polo alumnado, como a súa exposición e defensa. Así, o traballo entregado terá a metade do valor deste apartado da avaliación da materia (valorarase mediante rúbrica cos seguintes apartados: 5% o esquema do traballo; 60% os contidos teóricos; 5% as conclusións sinaladas; 5% a bibliografía; 5% o seguimento das normas de estilo; 15% imaxes empregadas; e 5% a entrega en prazo), mentres que a exposición e defensa do mesmo, valerá 0,4 puntos (tamén será avaliada mediante rúbrica cos seguintes apartados: 15% polo tempo de exposición; 5% polo esquema das diapositivas; 15% polo texto das diapositivas; 20% polo estilo das diapositivas; 10% polas imaxes empregas; 10% polos vídeos empregados; e 25% pola claridade na exposión) e a avaliación feita polo resto dos compañeiros desa presentación 0,1 punto.
A realización, exposición e defensa do traballo é obrigatoria para superar a materia. Ao mesmo tempo, para a superación do traballo, será imprescindible asistir ás titorías, así como presentar e defender o traballo nas datas establecidas ao inicio do cuadrimestre.
O traballo terá que ser entregado en soporte informático ao profesor. Tamén pode empregarse a plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/), subindo o conxunto do traballo ao espazo que o grupo terá na mesma dentro da materia. Para a súa valoración, seguirase unha rúbrica (véxase en faiTIC).
Tamén se empregará unha rúbrica para avaliar a exposición e defensa por parte do alumno do traballo realizado (véxase en faiTIC).
O traballo considerase superado se se acada, polo menos, 0,5 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a facer media cos exames teórico e práctico, o alumno debe acadar cando menos 0,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aos alumnos que non superen a materia, gardaráselles a parte superada para a segunda convocatoria dentro do mesmo ano académico.

Lembrar que para superar a materia, hai que asistir ás titorías e presentar e defender o traballo dentro das datas establecidas na programación da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000