Guia docente 2015_16
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia xeral
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Exame teórico de 10 preguntas cortas (duración máxima de 2 horas). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 2 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de 1,6 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Ademais, o exame teórico constará de dous bloques e en cada un deles haberá que acadar un mínimo dun 3 (nunha escala de 0 a 10 puntos) para que faga media co resto dos bloques. 40 B2
B3
B5
B6
B19
C7
C8
C14
C16
C18
C20
C36
C42
D1
D15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exame práctico onde o alumno contesta dun modo práctico a 4 supostos (sesenta minutos de duración; deses sesenta minutos, unha das preguntas de masaxe consistirá en aplicar unha masaxe sobre unha zona corporal durante 20 minutos). Estes supostos prácticos son elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de casos clínicos que se fixeron ao longo do curso.
Todas as preguntas valoraranse de 0 a 10 puntos, pero cun peso diferente dentro do exame práctico. Así, a pregunta longa de masaxe suporá o 50% da cualificación final no exame práctico, o 25% a pregunta de hidroterapia, o 15% a de magnetoterapia/fototerapia e o 10% a de masaxe curta/termoterapia/crioterapia.
Para poder realizar o exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico. Sacarase listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.
Farase un sorteo público para determinar a partir de qué alumno da comezo o exame práctico.
Para superar o exame, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,5 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico, non se pode acadar menos de 2 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Ademais, en ningunha dos dous bloques de que se compoña o exame práctico poderase acadar menos dun 3 (nunha escala de 0 a 10 puntos) para que faga media co resto das partes.
50 B3
B5
B6
B9
B14
B15
B19
C14
C18
C35
C36
C38
C39
C41
C44
C49
C51
C52
D1
D6
D9
D13
D16
D17
D28
D29
D30
Traballos e proxectos Á hora de avaliar o traballo tutelado, esta valoración incluirá a valoración do propio traballo entregado por cada grupo, así como a análise feita dos dous grupos que se teña que valorar. Así, o 40% da puntuación do traballo dependerá dos resumos feitos, o 30% os comentarios sobre os propios resultados atopados nos artigos e o outro 30% pola análise da información aportada polos dous grupos que lles correspondeu valorar.
A realización do traballo é obrigatoria para superar a materia. Ao mesmo tempo, para a superación do traballo, será imprescindible asistir ás titorías, así como presentalo nas datas establecidas ao inicio do cuadrimestre.
O traballo terá que ser entregado en soporte informático ao profesor, empregando para iso a plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/), subindo o conxunto do traballo ao espazo indicado polo profesor responsable dos traballos.
O traballo considerase superado se se acada, polo menos, 0,5 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a facer media cos exames teórico e práctico, o alumno debe acadar cando menos 0,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
10 B15
B19
C18
C21
C45
D1
D2
D3
D4
D5
D7
D10
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D23
D24
D25
D27
D30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Aos alumnos que non superen a materia, gardaráselles a parte superada para a segunda convocatoria dentro do mesmo ano académico.
Lembrar que para superar a materia, hai que asistir ás titorías, e presentar o traballo dentro das datas establecidas na programación da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000