Guia docente 2009_10
E.U. de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Electroterapia e Ultrasonoterapia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Exame teórico de 20 preguntas curtas (2 horas de duración máximo). Todas as preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que obter, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderán obter menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Ao inicio do semestre, notificarase o día en que se seleccione a modalidade de exame teórico, data na que o conxunto do alumnado presente da materia seleccionará o tipo de proba que prefire, ben de resposta curta, ben de tipo test. Será elixida como modalidade de avaliación da parte teórica a opción que maiores apoios obteña.
O valor deste exame: 45% da cualificación final da materia (máxima cualificación: 4,5 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Probas prácticas, de execución. Probas de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exame práctico onde o alumno contesta dun modo práctico a 3 supostos (media hora de duración, máis outra media como paciente para o compañeiro). Estes supostos prácticos son elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de casos clínicos que se fixeron ao longo do curso.
Neste exame práctico cada erro (na dose, tempo de tratamento, colocación do paciente...) descontaralle ao alumno 1 punto nunha escala de 0 a 10. Tamén descontará 1 punto nunha escala de 0 a 10 cada franxa de 10 minutos que se exceda do tempo de exame. Por outra parte, descontará 2 puntos cometer un erro grave (acender ou apagar equipo de baixa e media frecuencia co paciente conectado; colocar eléctrodos sen medios de contacto...). e 3 puntos se se fai unha aplicación sen ter en conta unha contraindicación. Finalmente, deixar un dos supostos sen contestar descontará 3,5 puntos nunha escala de 0 a 10.
Para poder presentarse ao exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico. Sacarase un listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.
Farase un sorteo público para determinar a partir de que alumno dá comezo o exame práctico.
Para superar o exame, o alumno terá que obter, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico, non se pode obter menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
O valor deste exame: 45% da cualificación final da materia (máxima cualificación: 4,5 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Traballos e proxectos No prazo que se indique ao inicio do curso, o alumnado terá que facer chegar ao profesor da materia que modalidade de traballo tutelado, se é que o fai, vai levar a cabo.
A non realización do traballo implica que se renuncia a obter ata o 10% que este supón na cualificación final da materia.
O seminario no que se faga o estudo de casos implicará a asistencia á exposición pública deste. De non ser así, o alumno renuncia tamén a obter a puntuación que na materia corresponde a este apartado.
O punto que se pode conseguir a través deste seminario de estudo de casos distribuirase da seguinte forma: 0,25 puntos dependerán da valoración feita polos propios compañeiros que participan no seminario, 0,25 puntos polo traballo desenvolvido ao longo das dúas horas que conforman a parte presencial do seminario e 0,5 puntos estará en función dá valoración que faga o profesor do protocolo presentado.
En canto ás modalidades b) e c) de traballo, a modalidade escollida terá que ser entregada en soporte informático ou subíndoa ao apartado que ten como alumno da materia dentro da plataforma de ensino virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/). O punto que se pode obter a través da modalidade b) de traballo distribuirase do seguinte modo: 0,5 puntos dependerán da axeitada corrección e/ou ampliación feita aos apuntamentos que lle entregue o profesor; 0,25 puntos á boa elaboración das preguntas; e 0,25 puntos á pertinencia das achegas bibliográficas e á boa referencia feita desta seguindo a normativa de Vancouver.
Pola súa banda, o punto que se pode obter a través da modalidade c) de traballo distribuirase do seguinte modo: 0,5 puntos dependerá da axeitada ampliación feita á temática sobre a que se traballe, así como á boa referencia dos textos seguidos en relación á normativa de Vancouver, e 0,5 puntos pola claridade didáctica do vídeo presentado.
O valor corresponderá ao 10% da cualificación final da materia (máximo dun punto nunha escala de 0 a 10).
Probas de tipo test Exame tipo test dun máximo de 100 preguntas de resposta única (2 horas de duración máximo). Todas as preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que obter, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderán obter menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Por outra parte, sinalar que as deixadas en branco non descontarán, pero si o farán as contestacións erradas (descontarán o número de erros partido polo de opcións de resposta menos 1).
Ao inicio do semestre, notificarase o día en que se seleccione a modalidade de exame teórico, data na que o conxunto do alumnado presente da materia seleccionará o tipo de proba que prefire, ben de resposta curta, ben de tipo test. Será elixida como modalidade de avaliación da parte teórica a opción que maiores apoios obteña.
O valor de este exame: 45% da cualificación final da materia (máxima cualificación: 4,5 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos).
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000