Guia docente 2010_11
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Electroterapia e ultrasonoterapia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Exame teórico de 20 preguntas cortas (2 horas de duración máximo). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).

Ao inicio do semestre, notificarase o día en que se seleccione a modalidade de exame teórico, data na que o conxunto do alumnado presente da materia seleccionará o tipo de proba teórica que prefire, ben de resposta curta, ben de tipo test. Será elixida como modalidade de avaliación da parte teórica a opción que maiores apoios acade.
O valor deste exame: 45 da cualificación final da materia (máxima cualificación: 4,5 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exame práctico onde o alumno contesta dun modo práctico a 3 supostos (media hora de duración, máis outra media como paciente para o compañeiro). Estes supostos prácticos son elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de casos clínicos que se fixeron ao longo do curso.
Neste exame práctico cada erro (na dose, tempo de tratamento, colocación do paciente...) descontaralle ao alumno 1 punto nunha escala de 0 a 10. Tamén descontará 1 punto nunha escala de 0 a 10 cada franxa de 10 minutos que se exceda do tempo de exame. Por outra parte, descontará 2 puntos cometer un erro grave (acender ou apagar equipo de baixa e media frecuencia co paciente conectado; colocar eléctrodos sen medios de contacto...). e 3 puntos se se fai unha aplicación sen ter en conta unha contraindicación. Finalmente, deixar un dos supostos sen contestar descontará 3,5 puntos nunha escala de 0 a 10.
Para poder presentarse ao exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico. Sacarase un listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.
Farase un sorteo público para determinar a partir de que alumno dá comezo o exame práctico.
Para superar o exame, o alumno terá que obter, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico, non se pode obter menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
O valor deste exame: 45% da cualificación final da materia (máxima cualificación: 4,5 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Traballos e proxectos No prazo que se indique ao inicio do curso, o alumnado terá que facerlle chegar ao profesor da materia qué modalidade de traballo tutelado, se é que o fai, vai a levar adiante.
A non realización do traballo implica que se renuncia a obter ata o 10% que este supón na cualificación final da materia.
O seminario no que se faga o estudo de casos implicará a asistencia á exposición e defensa pública do mesmo. De non ser así, o alumno renuncia tamén a acadar a puntuación que na materia corresponde a este apartado.
Para a exposición e defensa do protocolo clínico elaborado, haberá que achegarse ao seminario con copias do mesmo para o resto dos asistentes ao citado seminario e para o profesor.
O punto que se pode acadar a través deste seminario de estudo de casos distribuirase do seguinte xeito: 0,25 puntos dependerá da valoración feita polos propios compañeiros que participan no seminario, 0,25 puntos polo traballo desenvolvido ao longo das dúas horas que conforman a parte presencial do seminario e 0,5 puntos estará en función da valoración que faga o profesor do protocolo presentado.

En canto á modalidades b) de traballo, este terá que ser entregado en soporte informático ou subilo ao apartado que ten como alumno da materia dentro da plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/).
O punto que se pode acadar a través da modalidade b) de traballo distribuirase do seguinte xeito: 0,5 puntos dependerá da adecuada ampliación feita sobre o tema escollido; 0,25 puntos á boa elaboración das preguntas; e 0,25 puntos, ben á pertinencia das achegas bibliográficas e á boa referencia feita das mesmas seguindo a normativa de Vancouver, ben pola claridade didáctica do vídeo presentado.
Esta modalidade de traballo, se así o decide o grupo que o realice, pode ter un valor dobre do sinalado, isto é, que teña un valor dun 20% da cualificación final da materia (en detrimento do valor do exame teórico). Neste caso, por tanto, poderíase obter 2 puntos pola realización do traballo, polo que cada apartado da distribución sinalada no parágrafo anterior duplicaría o seu valor: 1 punto a ampliación feita, 0,5 puntos a boa elaboración das preguntas e 0,5 puntos a búsqueda bibliográfica ou ben o vídeo realizado.
O valor corresponderá ao 10 da cualificación final da materia (máximo dun punto nunha escala de 0 a 10).
Probas de tipo test Exame tipo test dun máximo de 100 preguntas de resposta única (2 horas de duración máximo). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Por outra parte, sinalar que as deixadas en branco non descontarán, pero si o farán as contestacións erradas seguindo a seguinte formulación:
cualificación= acertos - (erros/nº opcións-1) / nº preguntas ·10

Ao inicio do semestre, notificarase o día en que se seleccione a modalidade de exame teórico, data na que o conxunto do alumnado presente da materia seleccionará o tipo de proba que prefire, ben de resposta curta, ben de tipo test. Será elixida como modalidade de avaliación da parte teórica a opción que maiores apoios acade.
O valor deste exame: 45 da cualificación final da materia (máxima cualificación: 4,5 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos).
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Neste apartado da web do profesor coordinador da materia tedes a guía docente completa, observándose mellor a ecuación de cualificación do exame tipo test: http://webs.uvigo.es/gfuentes/ftx3.htm 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000