Guia docente 2012_13
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
Materias
Electroterapia e ultrasonoterapia
Avaliación
Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Exame teórico de 20 preguntas cortas (2 horas de duración máximo). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).

45
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exame práctico onde o alumno contesta dun modo práctico a 4 supostos (corenta minutos de duración, máis outros corenta como paciente para o compañeiro). Estes supostos prácticos son elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de casos clínicos que se fixeron ao longo do curso.

Neste exame práctico cada erro (na dose, tempo de tratamento, colocación do paciente,...) descontaralle ao alumno 1 punto nunha escala de 0 a 10. Tamén descontará 1 punto nunha escala de 0 a 10 cada franxa de 10 minutos que se exceda do tempo de exame. Por outra parte, descontará 2 puntos cometer un erro grave (acender ou apagar equipo de baixa e media frecuencia co paciente conectado; colocar electrodos sen medios de contacto;...) e 2,5 puntos se se fai unha aplicación sen ter en conta unha contraindicación. Finalmente, deixar un dos supostos sen contestar descontará 3 puntos nunha escala de 0 a 10.

Para poder realizar o exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico. Sacarase listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.

Farase un sorteo público para determinar a partir de qué alumno da comezo o exame práctico.

Para superar o exame, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico, non se pode acadar menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).

45
Traballos e proxectos A realización, exposición e defensa do traballo é obrigatoria para superar a materia. Ao mesmo tempo, para a superación do traballo, será imprescindible asistir ás titorías, así como presentar e defender o traballo nas datas establecidas ao inicio do cuadrimestre.

No prazo que se indique ao inicio do curso, o alumnado terá que facerlle chegar ao profesor da materia a súa vontade de facer o traballo de ampliación optativo.

O seminario no que se faga o estudo de casos (protocolo de aplicación). Para a exposición e defensa do protocolo clínico elaborado, haberá que achegarse ao seminario con copias do mesmo para o resto dos asistentes ao citado seminario e para o profesor.

O punto que se pode acadar a través deste seminario de estudo de casos distribuirase do seguinte xeito: 0,25 puntos dependerá da valoración feita polos propios compañeiros que participan no seminario, 0,25 puntos polo traballo desenvolvido ao longo das dúas horas que conforman a parte presencial do seminario e 0,5 puntos estará en función da valoración que faga o profesor do protocolo presentado.

En canto á modalidade de traballo optativo, o traballo de ampliación, este terá que ser entregado en soporte informático ou subilo ao apartado que ten como alumno da materia dentro da plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/). Quen opte por facer este traballo, este terá un valor do 10% da nota final, detraéndose un 5% do valor dos exames teórico e práctico. Este punto distribuirase do seguinte xeito: 0,40 puntos dependerá da adecuada ampliación feita sobre o tema escollido (valorarase mediante rúbrica cos seguintes apartados: 5% o esquema do traballo; 60% os contidos teóricos; 5% as conclusións sinaladas; 5% a bibliografía; 5% o seguimento das normas de estilo; 15% imaxes; e 5% a entrega en prazo); 0,25 puntos á pertinencia das achegas bibliográficas e á boa referencia feita das mesmas seguindo a normativa de Vancouver (valorarase mediante rúbrica cos seguintes apartados: 25% o tipo de artigos aportados; 20% a cantidade de artigos presentados; 50% a extracción feita das ideas fundamentais de ditos artigos; e 5% a referencia bibliográfica dos mesmos); e 0,35 puntos pola claridade didáctica do vídeo presentado (valorarase mediante rúbrica cos seguintes apartados: 45% a claridade do vídeo; 45% a corrección da aplicación feita; e 10% a duración do vídeo).
10

Outros comentarios sobre a Avaliación

Aos alumnos que non superen a materia, gardaráselles a parte superada para a segunda convocatoria dentro do mesmo ano académico.

Lembrar que para superar a materia, hai que asistir ás titorías, presentar e defender o traballo dentro das datas establecidas na programación da materia.

O alumno poderá elixir entre dous tipos de probas para os contidos teóricos.

Ao inicio do semestre, notificarase o día en que se seleccione a modalidade de exame teórico, data na que o conxunto do alumnado presente da materia seleccionará o tipo de proba que prefire, ben de resposta curta, ben de tipo test. Será elixida como modalidade de avaliación da parte teórica a opción que maiores apoios acade.

Exame tipo test dun máximo de 100 preguntas de resposta única (2 horas de duración máximo). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Por outra parte, sinalar que as deixadas en branco non descontarán, pero si o farán as contestacións erradas seguindo a seguinte formulación:

Cualificación= [acertos - (erros/nº opcións-1) / nº preguntas] ·10

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000