Guia docente 2013_14
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Electroterapia e ultrasonoterapia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Exame teórico de 15 preguntas cortas (duración máxima de 1 hora e media). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Ademais, o exame teórico constará de dous bloques e en cada un deles haberá que acadar un mínimo de un 3 (nunha escala de 0 a 10 puntos) para que faga media co outro bloque.
Ao inicio do semestre, notificarase o día en que se seleccione a modalidade de exame teórico, data na que o conxunto do alumnado presente da materia seleccionará o tipo de proba teórica que prefire, ben de resposta curta, ben de tipo test. Será elixida como modalidade de avaliación da parte teórica a opción que maiores apoios acade.
No caso de optar por esta forma de exame da parte teórica da materia, non se fará a opción de proba tipo test.
45
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exame práctico onde o alumno contesta dun modo práctico a 4 supostos (corenta minutos de duración, máis outros corenta como paciente para o compañeiro). Estes supostos prácticos son elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de casos clínicos que se fixeron ao longo do curso. Todas as preguntas valoraranse de 0 a 10 puntos e despois farase unha media para achar a cualificación do exame práctico.
En cada pregunta, cada erro (na dose, tempo de tratamento, colocación do paciente,...) descontaralle ao alumno 1 punto nunha escala de 0 a 10. Tamén descontará 1 punto nunha escala de 0 a 10 cada franxa de 5 minutos que se exceda do tempo de exame. Por outra parte, descontará 3,5 puntos cometer un erro grave (acender ou apagar o equipo de baixa ou media frecuencia co paciente conectado; colocar electrodos sen medios de contacto;...) e 7 puntos se se fai unha aplicación sen ter en conta unha contraindicación. Finalmente, deixar un dos supostos sen contestar descontará os 10 puntos de dita pregunta.
Para poder realizar o exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico. Sacarase listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.
Farase un sorteo público para determinar a partir de qué alumno dará comezo o exame práctico.
Para superar o exame, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico, non se pode acadar menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Ademais, en ningunha das partes do exame práctico (a correspondente a cada docente) poderase acadar menos dun 3 (nunha escala de 0 a 10 puntos) para que faga media co resto das partes.
45
Traballos e proxectos A realización, exposición e defensa do traballo é obrigatoria para superar a materia. Ao mesmo tempo, para a superación do traballo, será imprescindible asistir ás titorías, así como presentar e defender o traballo nas datas establecidas ao inicio do cuadrimestre.
No prazo que se indique ao inicio do curso, o alumnado terá que facerlle chegar ao profesor da materia a súa vontade de facer o traballo de ampliación optativo.
En canto ao seminario no que se faga o estudo de casos (protocolo de aplicación, o punto que se pode acadar distribuirase do seguinte xeito: 0,25 puntos dependerá da valoración feita polos propios compañeiros que participan no seminario, 0,25 puntos polo traballo desenvolvido ao longo das dúas horas que conforman a parte presencial do seminario e 0,5 puntos estará en función da valoración que faga o profesor do protocolo presentado.
En canto á modalidade de traballo optativo, o traballo de ampliación, este terá que ser entregado en soporte informático ou subilo ao apartado que ten como alumno da materia dentro da plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/). Quen opte por facer este traballo, este terá un valor do 10% da nota final, detraéndose un 5% do valor dos exames teórico e práctico. Este punto distribuirase do seguinte xeito: 0,40 puntos dependerá da adecuada ampliación feita sobre o tema escollido (valorarase mediante rúbrica cos seguintes apartados: 5% o esquema do traballo; 60% os contidos teóricos; 5% as conclusións sinaladas; 5% a bibliografía; 5% o seguimento das normas de estilo; 15% imaxes; e 5% a entrega en prazo); 0,25 puntos á pertinencia das achegas bibliográficas e á boa referencia feita das mesmas seguindo a normativa de Vancouver (valorarase mediante rúbrica cos seguintes apartados: 25% o tipo de artigos aportados; 20% a cantidade de artigos presentados; 50% a extracción feita das ideas fundamentais de ditos artigos; e 5% a referencia bibliográfica dos mesmos); e 0,35 puntos pola claridade didáctica do vídeo presentado (valorarase mediante rúbrica cos seguintes apartados: 45% a claridade do vídeo; 45% a corrección da aplicación feita; e 10% a duración do vídeo).
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación






Aos alumnos que non superen a materia, gardaráselles a parte superada para a segunda convocatoria dentro do mesmo ano académico.


Lembrar que para superar a materia, hai que asistir ás titorías, presentar e defender o traballo dentro das datas establecidas na programación da materia.

O alumno poderá elixir entre dous tipos de probas para os contidos teóricos: exame de resposta curta ou exame tipo test.

Ao inicio do semestre, notificarase o día en que se seleccione a modalidade de exame teórico, data na que o conxunto do alumnado presente da materia seleccionará o tipo de proba que prefire, ben de resposta curta, ben de tipo test. Será elixida como modalidade de avaliación da parte teórica a opción que maiores apoios acade.

O exame tipo test constará dun máximo de 80 preguntas de resposta única (duración máxima de 1 hora e media).
Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar,
polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e
de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de
1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Por outra
parte, sinalar que as deixadas en branco non descontarán, pero si o farán as
contestacións erradas seguindo a seguinte formulación:

Cualificación = [acertos
- (erros/nº opcións-1) / nº preguntas] · 10
 

No caso
de optar por esta forma de exame da parte teórica da materia, non se fará a
opción de proba de resposta curta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000