Guia docente 2014_15
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Electroterapia e ultrasonoterapia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Exame teórico de 15 preguntas cortas (duración máxima de 1 hora e media). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Ademais, o exame teórico constará de dous bloques e en cada un deles haberá que acadar un mínimo de un 3 (nunha escala de 0 a 10 puntos) para que faga media co outro bloque. 45
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exame práctico onde o alumno contesta dun modo práctico a 4 supostos (corenta minutos de duración). Estes supostos prácticos son elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de casos clínicos que se fixeron ao longo do curso. Tódalas preguntas valoraranse de 0 a 10 puntos.
Para poder realizar o exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico. Sacarase listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.
Farase un sorteo público para determinar a partir de qué alumno dará comezo o exame práctico.
Para superar o exame, o alumno terá que acadar, polo menos, 2,25 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico, non se pode acadar menos de 1,8 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Ademais, o exame práctico constará de dous bloques e en cada un deles haberá que acadar un mínimo de un 3 (nunha escala de 0 a 10 puntos) para que faga media co outro bloque.
45
Traballos e proxectos A realización, exposición e defensa do traballo é obrigatoria para superar a materia. Ao mesmo tempo, para a superación do traballo, será imprescindible asistir ás titorías, así como presentar e defender o traballo nas datas establecidas ao inicio do cuadrimestre.
No prazo que se indique ao inicio do curso, o alumnado terá que facerlle chegar ao profesor da materia a súa vontade de facer o traballo de ampliación optativo.
En canto ao seminario no que se faga o estudo de casos (protocolo de aplicación, o punto que se pode acadar distribuirase do seguinte xeito: 0,25 puntos dependerá da valoración feita polos propios compañeiros que participan no seminario, 0,25 puntos polo traballo desenvolvido ao longo da hora que conforma a parte presencial do seminario e 0,5 puntos estará en función da valoración que faga o profesor do protocolo presentado.
En canto á modalidade de traballo optativo, o traballo de aplicación práctica, este terá que ser entregado en soporte informático ou subilo ao apartado que terá o grupo como tal dentro da plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/). Quen opte por facer este traballo, este terá un valor do 20% da nota final (o que implica que os exames teórico e práctico terán un valor do 40% en lugar do 45%). Eses dous puntos que supoñen da cualificación global distribuiranse do seguinte xeito: 0,75 puntos dependerá do traballo elaborado ao longo do cuadrimestre; 0,75 puntos dependerá da presentación do mesmo ao resto dos compañeiros (valorarase mediante rúbrica, inicialmente cos seguintes criterios: tempo de exposición, esquema das diapositivas, texto das diapositivas, estilo das diapositivas, imaxes, vídeos e claridade da exposición); 0,25 puntos á actuación persoal de cada membro do grupo; e 0,25 puntos á valoración do resto dos alumnos.
O traballo considerase superado se se acada, polo menos, 0,5 puntos na modalidade de protocolo clínico ou 1 punto no caso do traballo de aplicación práctica (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a facer media cos exames teórico e práctico, o alumno debe acadar cando menos 0,4 e 0,8 puntos respectivamente (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Aos alumnos que non superen a materia, gardaráselles a parte superada para a segunda convocatoria dentro do mesmo ano académico.


Lembrar que para superar a materia, hai que asistir ás titorías, presentar e defender o traballo dentro das datas establecidas na programación da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000