Guia docente 2010_11
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia manipulativa articular
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Exame práctico:
Realizar o protocolo de valoración de pelve e o seu tratamento. O protocolo de valoración e tratamento en columna.
Ten un valor do 45
Traballos tutelados A realización, exposición e defensa do traballo é obrigatoria para superar a materia. Valorarase a participación nas titorías do traballo, a formulación e análise realizada, así como a súa redacción e a utilización de fontes bibliográficas. Ten un valor do 10
Sesión maxistral Exame teórico: consta de 5 preguntas, non podendo deixar ningunha sen contestación efectiva. Ten un valor do 45
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder presentarse ao exame práctico o alumno debe presentarse ao exame teórico.
Para superar a materia o alumno debeu superar o exame teórico e o práctico de forma independente e realizar, expoñer e defender o traballo nas datas que se establezan ao principio da docencia da materia.
Aos alumnos que non superen a materia gardaráselles a parte superada para a segunda convocatoria dentro do mesmo ano académico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000