Traballos tutelados |
A realización, asistencia a titorias, exposición e defensa do traballo é obrigatoria para superar a materia. Valorarase a participación nas titorías do traballo, a formulación e análise realizada, así como a redacción e utilización de fontes bibliográficas. |
5 |
Sesión maxistral |
Unidade de Saúde Pública:
Haberá un exame final da materia, con preguntas de tipo test e 5 opcións de respostas, das que só unha será válida; cada pregunta ben respondida contará un punto, e cada cinco preguntas mal respondidas restarán un punto; as deixadas en branco non descontarán puntuación. Nesta proba incluiranse preguntas referentes aos seminarios (tendo un valor do 10% da nota final).
Unidade de Fisioterapia Comunitaria:
Probas de resposta longa, de desenvolvemento. Consta de 8 preguntas e non se pode deixar ningunha sen contestación efectiva. |
80 |
Para poder presentarse a examen en calquera das dúas convocatorias é obrigatorio asistir aos seminarios e realizar, asistir as titorias, expoñer e defender o traballo nas datas que se establezan ao principio da docencia da materia.
O alumno debe obter como mínimo un 3,5 sobre 8 no exame teórico para poder superar a materia.
Se un alumno non supera toda a materia gardaráselle a parte superada para a segunda convocatoria dentro do mesmo ano académico. |