Guia docente 2015_16
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia neurolóxica e especial
   Competencias
Código Descrición
B2 Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.
B5 Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais.
B8 Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario.
B14 Incorporar os principios éticos e legais da profesión na práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións.
B19 Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral coma escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
C16 Coñecer e comprender os cambios estruturais, fisiolóxicos, funcionais e de conduta que se producen como consecuencia da intervención da Fisioterapia
C20 Adquisición de vocabulario propio no campo da Fisioterapia
C35 Valorar o estado funcional do paciente/usuario, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais
C38 Executar, dirixir e coordinar, o Plan de Intervención de Fisioterapia, atendendo ao principio da individualidade do usuario e utilizando as ferramentas terapéuticas propias da Fisioterapia, é dicir, o conxunto de métodos, procedementos, actuacións e técnicas que mediante a aplicación dos medios físicos: curan, recuperan, habilitan, rehabilitan, adaptan e readaptan ás persoas con deficiencias, limitacións funcionais, discapacidades e minusvalías; preveñen as enfermidades e promoven a saúde ás persoas que queren manter un nivel óptimo de saúde
C44 Incorporar á cultura profesional os principios éticos e legais da profesión
C49 Afrontar o estrés, o que supón ter capacidade para controlarse a si mesmo e controlar a contorna en situacións de tensión
C52 Aplicar os principios ergonómicos ou de hixiene postural no desenvolvemento da súa actividade
D2 Capacidade de análise e síntese.
D4 Capacidade de xestión da información
D6 Toma de decisións
D11 Habilidades nas relacións interpersoais
D13 Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade.
D16 Motivación por a calidade.
D18 Creatividade
D20 Liderado
D24 Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora
D27 Manifestar discreción
D29 Axustarse aos límites da súa competencia profesional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000