Guia docente 2010_11
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia respiratoria e masoterapia especial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Clases teórico-participativas, onde se fomente a participación activa do alumnado. Utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. Emprego de forma xenérica de medios audiovisuais, fundamentalmente ordenador persoal e proxector de vídeo. O alumno recibirá ao longo do cuadrimestre as diapositivas elaboradas polo profesor, que lle servirán de guía, a través da plataforma Tem@.
Prácticas de laboratorio Utilizarase a demostración experimental, a estratexia de simulación, o tratamento didáctico de erros e adestramento sistemático. O profesor fará a demostración de como se debe realizar a valoración e/ou o protocolo de tratamento, a continuación os alumnos realizarán por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo profesor e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Na corrección terase en conta por unha parte a posición do usuario/paciente, as tomas e contratomas realizadas, así como a execución da manobra e por outra parte, a altura da mesa de tratamento e a postura do alumno que está a realizar a práctica. Así mesmo, terase en conta a actitude do alumno. O alumno recibirá ao longo do cuadrimestre as diapositivas elaboradas polo profesor, que lle servirán de guía, a través da plataforma Tem@.
Traballos tutelados O estudante, en grupo, elabora un documento sobre unha temática da materia. Esta actividade inclúe a busca e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... Utilizarase a plataforma tem@.
Presentacións/exposicións Exposición e defensa por parte do alumno ante o docente e os estudantes do traballo tutelado.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000