Guia docente 2012_13
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia respiratoria e masoterapia especial
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral 1. Exame teórico. Ao lado das preguntas indicarase o valor destas. Non se poderá deixar ningunha sen contestación efectiva. 40
Prácticas de laboratorio 2. Un exame práctico onde o alumno contesta dun modo práctico a 2- 3 supostos. Estes supostos prácticos son elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de métodos de valoración e técnicas de tratamento que se fixeron ao longo do curso. Sacarase un listado no seu momento co horario de exame de cada alumno matriculado na materia. Para poder presentarse ao exame práctico, o alumno ten que presentarse primeiro ao exame teórico. 50
Traballos tutelados 3. A realización, asistencia a titorias, exposición e defensa do traballo é obrigatoria para superar a materia. Valorarase a participación nas titorías do traballo, a formulación e análise realizada, así como a redacción e utilización de fontes bibliográficas. 5
Presentacións/exposicións Valorarase a exposición e defensa do traballo tutelado. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder presentarse a examen teórico e práctico en calquera das dúas convocatorias é obrigatorio realizar, asistir as titorias, expoñer e defender o traballo nas datas que se establezan ao principio da docencia da materia.


Para poder presentarse ao exame práctico o alumno debe presentarse ao exame teórico.


Para superar a materia o alumno debe ter superados o exame teórico e práctico de forma independente.
Ao alumno que aprobe algunha das partes da avaliación, manteráselle a cualificación obtida nas seguintes convocatorias do mesmo ano académico sempre que a nota do exame non superado sexa maior de 3 puntos sobre 10.
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art.5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000