Guia docente 2010_11
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Prácticas externas: Estadías clínicas
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
13D Coñecer e comprender os factores que interveñen no traballo en equipo e en situacións de liderado.
saber
A13
A18
A19
18D Coñecer e comprender os procedementos fisioterapéuticos xenerais e os derivados doutros axentes físicos.
saber
A3
19D Coñecer e comprender os procedementos fisioterapéuticos baseados en métodos e técnicas específicos de actuacións fisioterapéuticas a aplicar nas diferentes patoloxías de todos os aparatos e sistemas, e en todas as especialidades de medicina e cirurxía, así como na promoción e conservación da saúde, e na prevención da enfermidade. Tales métodos están referidos, entre outros: aos procesos neurolóxicos; do aparato locomotor (terapias manuais, terapias manipulativas articulares, osteopatía e quiropraxia); do aparato respiratorio; do sistema cardiocirculatorio; ás alteracións da estática e a dinámica; aos métodos específicos ortopédicos e ás técnicas terapéuticas reflexas, alternativas ou complementarias afíns ao campo de competencia da Fisioterapia.
saber
A3
20D Adquisición de vocabulario propio no campo da Fisioterapia.
saber
A19
23D Coñecer e comprender os procesos de administración e xestión sanitaria, especialmente dos servizos de Fisioterapia, no contexto diverso e cambiante no que esta se desenvolve.
saber
A18
24D Coñecer e comprender as implicacións das disposicións organizativas e dos modelos traballo.
saber
A18
25D Coñecer e comprender os criterios e indicadores que garantan a calidade na prestación do servizo de Fisioterapia, mediante o uso de guías de boa práctica clínica e de estándares profesionais.
saber
A15
A18
1P Elaborar e cumprir de forma sistemática a historia clínica de Fisioterapia completa, onde se rexistren de forma axeitada e eficaz todos os pasos seguidos dende a recepción do paciente/usuario ata o informe de alta de Fisioterapia.
saber facer
A4
A6
2P Valorar o estado funcional do paciente/usuario, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais.
saber facer
A4
A5
3P Determinar o diagnóstico de Fisioterapia de acordo coas normas recoñecidas internacionalmente e cos instrumentos de validación internacionais. Esta competencia inclúe xerarquizar as necesidades do paciente/usuario para atender con prioridade aquelas que máis comprometan o proceso de recuperación.
saber facer
A4
A6
4P Deseñar o Plan de intervención de Fisioterapia. Elaborar un plan específico de intervención de Fisioterapia empregando habilidades de resolución de problemas e razoamento clínico: en consonancia cos recursos dispoñibles, formulando os obxectivos de intervención co usuario e, se é o caso, coas persoas significativas do seu ámbito, recollendo as súas expectativas respecto á atención, seleccionando os protocolos ou procedementos máis adecuados á atención planificada, atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia.
saber facer
A4
A7
5P Executar, dirixir e coordinar, o Plan de intervención de Fisioterapia, atendendo ao principio da individualidade do usuario e utilizando as ferramentas terapéuticas propias da Fisioterapia, é dicir, o conxunto de métodos, procedementos, actuacións e técnicas que mediante a aplicación dos medios físicos: curan, recuperan, habilitan, rehabilitan, adaptan e readaptan ás persoas con deficiencias, limitacións funcionais e minusvalías; preveñen as enfermidades e promoven a saúde ás persoas que queren manter un nivel óptimo de saúde.
saber facer
A4
A8
6P Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento de Fisioterapia en relación aos obxectivos marcados e aos criterios de resultados establecidos. Para iso será necesario: definir e establecer os criterios de resultados, realizar a valoración da evolución do paciente/usuario, redeseñar os obxectivos segundo a valoración, se é preciso e adecuar o plan de intervención ou tratamento aos novos obxectivos.
saber facer
A4
A9
7P Elaborar o informe á alta de Fisioterapia. Cando considere que se cubriron os obxectivos propostos, ben por curación do proceso ou ben porque se esgotasen as posibilidades de recuperación coas medidas terapéuticas ao alcance, propoñerase a alta de Fisioterapia e elaborarase o informe pertinente.
saber facer
A4
A10
8P Proporcionar unha atención de Fisioterapia de forma eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes/usuarios, para o cal será necesario: Interpretar as prescricións facultativas, preparar o ámbito en que se levará a termo a atención de Fisioterapia para que sexa confortable, manter informado o paciente do tratamento que se lle aplica, explicándolle as probas e manobras que se lle practican, a preparación que requiren, e exhortalo a que colabore en todo momento, rexistrar diariamente a aplicación da atención en Fisioterapia, a evolución e os incidentes desta, identificar signos e síntomas de alteración das funcións biolóxicas relacionados coa atención de Fisioterapia, controlar e interpretar os signos vitais durante a execución do tratamento diario, orientar as actividades e modo de actuación en relación cos pacientes/usuarios, do persoal non sanitario e subalterno e avaliar a propia atención proporcionada aos pacientes/usuarios.
saber facer
A4
A11
A16
9P Intervir nos ámbitos de promoción da saúde e prevención da enfermidade.
saber facer
A4
A11
A12
A16
10P Relacionarse de forma efectiva con todo o equipo pluridisciplinar. Iso inclúe: establecer os obxectivos de Fisioterapia no seo do equipo, recoller, escoitar e valorar as reflexións do resto do equipo pluridisciplinar cara ás súas actuacións, aceptar e respectar a diversidade de criterios do resto dos membros do equipo, recoñecer as competencias, habilidades e coñecementos do resto dos profesionais sanitarios, participar e integrarse nos traballos do equipo nas súas vertentes científicas e profesionais, así como de relación cos familiares, grupos de interese e institucións, facer da comunicación e o respecto aos profesionais as ferramentas de superación dos conflitos interprofesionais e de competencias.
saber facer
A4
A13
11P Incorporar á cultura profesional os principios éticos e legais da profesión.
saber facer
A4
A14
12P Incorporar a investigación científica e a práctica baseada na evidencia como cultura profesional.
saber facer
A4
A15
13P Manter actualizados os fundamentos dos coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais, mediante un proceso de formación permanente (ao longo de toda a vida).
saber facer
A4
A15
14P Desenvolver actividades de planificación xestión e control dos servizos de Fisioterapia.
saber facer
A4
A18
15P Aplicar os mecanismos de garantía de calidade na práctica da Fisioterapia, axustándose aos criterios, indicadores e estándares de calidade recoñecidos e validados para a boa práctica profesional.
saber facer
A4
A15
A18
16P Afrontar o estrés, o que supón ter capacidade para controlarse a si mesmo e controlar o ámbito en situacións de tensión.
saber facer
A4
17P Asumir riscos e vivir en ámbitos de incerteza, é dicir, ter a capacidade para desempeñar unha responsabilidade sen coñecer ao 100% o resultado final.
saber facer
A4
18P Motivar a outros. O que supón ter a capacidade de xerar nos demais o desexo de participar activamente e con ilusión en calquera proxecto ou tarefa.
saber facer
Saber estar / ser
A4
A13
A18
19P Aplicar os principios ergonómicos ou de hixiene postural no desenvolvemento da súa actividade.
saber facer
A2
A4
24P Capacidade de identificar elementos estruturais e alteracións da normalidade nos diferentes métodos de análise e diagnóstico a través da imaxe.
saber facer
A1
A4
1A Traballar con responsabilidade.
Saber estar / ser
A17
B23
2A Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora.
Saber estar / ser
A17
B24
3A Manifestar respecto, valoración e sensibilidade ante o traballo dos demais.
Saber estar / ser
A13
B25
4A Colaborar e cooperar con outros profesionais.
Saber estar / ser
A13
B26
5A Manifestar discreción.
Saber estar / ser
A14
B27
6A Mostrar a súa orientación ao paciente/usuario.
Saber estar / ser
A14
A19
B28
7A Axustarse aos límites da súa competencia profesional.
Saber estar / ser
A14
B29
8A Desenvolver a capacidade para organizar e dirixir.
Saber estar / ser
A18
B30
1TI Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiais da Comunidade Autónoma.
saber facer
B1
2TI Capacidade de análise e síntese.
saber facer
B2
3TI Capacidade de organización e planificación.
saber facer
B3
4TI Capacidade de xestión da información.
saber facer
B4
5TI Resolución de problemas.
saber facer
B5
6TI Toma de decisións.
saber facer
B6
7TI Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
saber facer
B7
8TI Comunicación con persoal cualificado como non cualificado.
saber facer
B8
1TP Compromiso ético.
Saber estar / ser
B9
2TP Traballo en equipo.
saber facer
B10
3TP Habilidades nas relacións interpersonais.
saber facer
B11
4TP Razoamento crítico.
saber facer
B12
5TP Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade.
Saber estar / ser
B13
6TP Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.
saber facer
B14
1TS Aprendizaxe autónoma.
saber facer
B15
2TS Motivación por a calidade.
Saber estar / ser
B16
3TS Adaptación a novas situacións.
saber facer
B17
4TS Creatividade.
saber facer
B18
5TS Iniciativa e espírito emprendedor.
Saber estar / ser
B19
7TSCoñecemento doutras culturas e costumes.
saber
B21
8TS Sensibilidade cara temas ambientais.
Saber estar / ser
B22
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000