Guia docente 2013_14
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Prácticas externas: Estadías clínicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Realizarase unha observación sistemática do alumno para recoller datos sobre a participación deste. 10
Estudo de casos/análises de situacións Valorarase a análise realizada sobre a base do diagnóstico, obxectivos e o plan de tratamento, así como a exposición e defensa do mesmo. 10
Prácticas clínicas Realizarase unha observación sistemática do alumno para recoller datos sobre a participación deste, baseándose en condutas e en criterios operativos. 40
Cartafol/dossier O estudante recolle información sobre as experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación das estanzas clínicas. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O alumno realizará a valoración, sobre a base desta marcará os obxectivos, o plan de tratamento, e executará o tratamento. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS PARA SUPERAR A MATERIA: Para superar a materia o alumno debe realizar as prácticas clínicas, seminarios, sesións clínicas e o caderno.


Realizarase control de asistencia mediante firma nas prácticas clínicas.


Nos seminarios e sesións clínicas pasarase lista.


O alumno que suspenda dúas ou máis probas prácticas terá opción de recuperalas na segunda convocatoria do mesmo ano académico conservando as notas das outras partes da materia.


DEBERÁ CURSAR DE NOVO A MATERIA:


 - Se ten máis dun 15% de faltas nos rotatorios debidamente xustificadas.


- Se ten 3 faltas nos rotatorios sen xustificar.


- Se ten máis dun 15% de faltas nos seminarios e sesións clínicas.


- Se ten dúas ou máis observacións sistemáticas non superadas.


- Se ten o caderno de dous ou máis rotatorios sen entregar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000