Guia docente 2014_15
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia ergonómica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Probas de resposta longa, de desenvolvemento.
Consta de 4 preguntas, non podendo deixar ningunha sen resposta efectiva.
80
Traballos tutelados A realización, asistencia a titorias, exposición e defensa do traballo é obrigatoria para superar a materia. Valoraranse a participación nas titorías do traballo, a formulación e a análise realizada, así como a redacción e a utilización de fontes bibliográficas. 15
Presentacións/exposicións Valorarase a presentación do traballo en medios audiovisuais e a súa exposición e defensa. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para poder superar a materia é obrigatorio realizar, asistir a titorias, expoñer e defender o traballo nas datas que se establezan ao principio da docencia da materia.


Aos alumnos que non superen a materia, gardaráselles a parte superada para a segunda convocatoria dentro do mesmo ano académico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000