Guia docente 2010_11
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia na discapacidade e dependencia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As clases teóricas serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas.
Prácticas de laboratorio Utilizarase a demostración experimental, a estratexia de simulación, o tratamento didáctico de erros e adestramento sistemático. O profesor fará a demostración de como se debe realizar a valoración e/ou o protocolo de tratamento, a continuación os alumnos realizarán por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo profesor e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Na corrección terase en conta por unha parte a posición do usuario/paciente, as tomas e contra tomas realizadas, así como a execución da manobra e, por outra parte, a altura da mesa de tratamento e a postura do alumno que está a realizar a práctica. Así mesmo, terase en conta a actitude do alumno.
Traballos tutelados O alumno realizará un traballo relacionado co temario da materia. Este poderá ser individual ou en grupo e debe ser pactado co profesor.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Presentacións/exposicións Exposición con medios audiovisuais por parte do alumno ante o docente e os estudantes do traballo tutelado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000