Guia docente 2010_11
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Inglés para ciencias da saúde
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia: obxectivos, contidos, metodoloxía, criterios de avaliación etc. Realización dunha enquisa de análise de necesidades para detectar os coñecementos previos de inglés e descubrir os intereses e motivacións do alumnado.
Seminarios Fomentarase a competencia comunicativa do alumnado mediante a posta en práctica das catro destrezas lingüísticas. Formulación, análise, resolución e debate de exercicios relacionados coa materia. Exposición oral por parte do alumnado dun tema concreto ou dun traballo relacionado coa materia. Utilización de vídeos e gravacións relacionados cos temas tratados como recurso metodolóxico importante. Actividades a través das TIC na aula de informática: busca de información en Internet, enciclopedias informáticas etc.
Traballos tutelados O estudante, de forma individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios de acordo co profesor.
Metodoloxías integradas Polas características da materia, as clases teóricas e prácticas non se imparten por separado e van integradas no transcurso da clase. Por medio de textos relacionados coas súas materias curriculares e explicacións do profesor, o alumno adquire a terminoloxía específica e a base lingüística en lingua inglesa. A metodoloxía da materia consiste nun enfoque eminentemente comunicativo e interactivo, que permite manexar as destrezas lingüísticas básicas do inglés no futuro ámbito profesional do alumno.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000