Guia docente 2014_15
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Inglés para ciencias da saúde
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios O/a alumno/a realizará a exposición oral en inglés dun traballo individual o en grupo.
<br>Así mesmo, recolleranse os resultados de traballos e actividades realizadas polo estudante ao longo do curso.
40
Probas de resposta curta Un exame teórico. 50
Traballos e proxectos Un exame práctico. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Existen dous sistemas de avaliación. A elección dun sistema exclúe ao outro.


Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua é necesario asistir ao 80% das horas presenciais con aproveitamento e participación. Aquel/a alumno/a que non alcance dito porcentaxe, perderá esta opción.


Os alumnos que se acollan á avaliación continua se lles computarán un 60% da cualificación final cos traballos e probas do curso, e un 40% cunha proba final. Necesitarase un 50% de cada unha das partes para superar a materia.


Os traballos solicitados deberán entregarse ou presentarse nos prazos e datas marcados. A non realización dos traballos solicitados ao longo do curso computaranse cunha cualificación de cero puntos.


Valorarase a participación nas actividades de clase, realización de exercicios prácticos, preparación e entrega de traballos para completar a unidade didáctica abordada, exposicións orais e traballos extraordinarios.


A avaliación única(avaliación non continua) consistirá nunha proba global final que se realizará na mesma data que a proba oficial do alumnado que se acolla á avaliacion continua. Consistirá nunha proba escrita (50%) e unha exposición oral (50%). A exposición oral terá lugar a continuación da proba escrita.


En relación coa convocatoria de xullo, manteranse como superadas as partes da materia que fosen previamente aprobadas na convocatoria anterior.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000