Guia docente 2016_17
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Inglés para ciencias da saúde
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Recolleranse os resultados de traballos e actividades realizadas polo estudante ao longo do curso. 10 B19
C20
C33
C58
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D11
D12
D15
D17
D18
D20
D23
Probas de resposta curta Análisis e resolución de exercicios prácticos relacionados coa materia. 50 B19
C20
C33
C58
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D10
D11
D12
D13
D15
D17
D18
D19
D20
D23
D24
D25
D30
Traballos e proxectos O/a alumno/a realizará a exposición oral en inglés dun traballo individual o en grupo. 40 B19
C20
D3
D4
D7
D10
D11
D15
D19
D23
D25
D30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación. A elección dun sistema exclúe ao outro.

Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua é necesario asistir ao 80% das horas presenciais con aproveitamento e participación. No caso de non acadar este mínimo, a cualificación máxima a que poderá aspirar é 8 puntos sobre 10.

Os alumnos que se acollan á avaliación continua se lles computará un 50% da cualificación final con traballos e probas do curso, e un 50% cunha proba final.

A nota final calculárase como media ponderada das diferentes partes, debendo obter un mínimo dun 30% da puntuación máxima en calquera delas; no caso de non acadar o 30% nalgunha das partes, a nota final será como máximo do 45%.

No primeiro 50% anteriormente citado, valorarase a participación nas actividades de clase, realización de exercicios prácticos, preparación e entrega de traballos para completar a unidade didáctica abordada, exposicións orais e outros traballos. Os traballos solicitados deberán entregarse ou presentarse nos prazos e datas marcados. Os traballos non realizados e entregados en prazo computaranse cunha cualificación de 0,0 puntos.

A avaliación única (avaliación non continua) consistirá nunha proba global final que se realizará na mesma data que a proba oficial do alumnado que se acolla á avaliacion continua. Consistirá nunha proba escrita (50%) e unha exposición oral (50%). A exposición oral terá lugar a continuación da proba escrita. Igualmente, para superar a materia, deberá acadarse un mínimo do 30% da nota máxima de cada unha das partes, quedando noutro caso a nota final nun máximo 45 %.

No caso de non superar a materia na convocatoria de decembro, na convocatoria de xullo considerarase, para cada una das partes, a nota máis alta das acadadas nas dúas oportunidades.

Compromiso ético: espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plagio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo). Considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso a cualificación global será de suspenso (0,0).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000