Guia docente 2010_11
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
Materias
Fisioterapia en especialidades clínicas II
Avaliación
Descrición Cualificación
Traballos tutelados Terase en conta o contido, presentación, claridade de contidos e a exposición. 10%

Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado farase sobre os
contidos teórico-prácticos desenvolvidos na materia.

A data de realización do exame será a que figure no calendario oficial de
exames da Escola.

Criterios de avaliación:

Exame teórico: Tipo pregunta curta. Terá un valor de 9 sobre 10

Exame práctico: Dúas preguntas a sorteo. Para aprobar o exame práctico, as dúas
preguntas deben ter unha cualificación de aprobado e despois farase a media
entre as dúas. Se nunha pregunta o alumno non obtén esta cualificación  farase media numérica entre as dúas, e a
cualificación será de suspenso (nunca chegará a un valor numérico de 5). Terá
un valor de 10 sobre 10. O exame práctico esixe non só a explicación do que se debería facer, senón tamén a execución
das manobras oportunas, téndose en conta igualmente a postura na que se
coloque tanto o alumno que simula ser paciente como do que asume o papel de
fisioterapeuta. A realización dalgunha contraindicación tanto absoluta coma
relativa suporá o suspenso directo deste exame, agás en casos puntuais
segundo o feito no resto do exame.

Para presentarse ao exame teórico, o alumno deberá ter realizado e presentado
o traballo. Ademais, deberá asistir á discusión deste. Este terá un valor de
1 sobre 10, que se engadirá á nota do exame teórico

Para poder presentarse ao exame práctico, o alumno debe presentarse ao exame
teórico.

Para superar a materia hai que ter o exame teórico e o práctico aprobados de forma independente. Se non, a cualificación global será de suspenso (a nota numérica nunca chegará a 5).

De aprobar un dos exames gardarase a nota para as convocatorias do mesmo ano
académico.

As cualificacións expoñeranse no taboleiro de anuncios logo do consentimento
do alumno, e tamén na páxina web da Universidade. A data de revisión e o
lugar desta expoñeranse no taboleiro de anuncios.

Datas de exame:

A que figure no calendario oficial de exames da escola.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000