Guia docente 2013_14
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia en especialidades clínicas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados A realización, asistencia titorias e exposición e defensa do traballo e obligatoria para superar a materia. Valorarase a participación nas titorias do traballo, o plantexamento e analisis realizado asi como a súa redacción e utilización de fontes bibliográficas. 5
Sesión maxistral Exame teórico: Tipo pregunta curta. 45
Prácticas de laboratorio Dúas preguntas a sorteo. Para aprobar o exame práctico, as dúas preguntas deben ter unha cualificación de aprobado e despois farase a media entre as dúas. Se nunha pregunta o alumno non obtén esta cualificación farase media numérica entre as dúas, e a cualificación será de suspenso (nunca chegará a un valor numérico de 5). O exame práctico esixe non só a explicación do que se debería facer, senón tamén a execución das manobras oportunas, téndose en conta igualmente a postura na que se coloque tanto o alumno que simula ser paciente como do que asume o papel de fisioterapeuta. A realización dalgunha contraindicación tanto absoluta coma relativa suporá o suspenso directo deste exame, agás en casos puntuais segundo o feito no resto do exame 45
Presentacións/exposicións Valorarase a presentación do traballo en medios audiovisuais a súa exposición e defensa. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder presentarse a examen teórico e práctico en calquera das dúas convocatorias é obrigatorio realizar, asistir as titorias, expoñer e defender o traballo nas datas que se establezan ao principio da docencia da materia.


Para superar a materia o alumno debe ter superados o exame teórico e práctico de forma independente.


Para poder presentarse ao exame práctico o alumno debe presentarse ao exame teórico.


De aprobar un dos exames gardarase a nota para as convocatorias do mesmo ano académico.
As cualificacións expoñeranse no taboleiro de anuncios logo do consentimento do alumno, e tamén na páxina web da Universidade. A data de revisión e o lugar desta expoñeranse no taboleiro de anuncios.
Datas de exame:
A que figure no calendario oficial de exames da escola.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000