Sesión maxistral |
Exame teórico: Tipo pregunta curta. |
45 |
Prácticas de laboratorio |
Dúas preguntas a sorteo. Para aprobar o exame práctico, as dúas preguntas deben ter unha cualificación de aprobado e despois farase a media entre as dúas. Se nunha pregunta o alumno non obtén esta cualificación, a cualificación será de suspenso. O exame práctico esixe non só a explicación do que se debería facer, senón tamén a execución das manobras oportunas, téndose en conta igualmente a postura na que se coloque tanto o alumno que simula ser paciente como do que asume o papel de fisioterapeuta. A realización dalgunha contraindicación tanto absoluta coma relativa suporá o suspenso directo deste exame, agás en casos puntuais segundo o feito no resto do exame |
45 |
Presentacións/exposicións |
Valorarase a presentación do traballo en medios audiovisuais a súa exposición e defensa. |
5 |
Para poder presentarse a examen teórico e práctico en calquera das dúas convocatorias é obrigatorio realizar, asistir as titorias, expoñer e defender o traballo nas datas que se establezan ao principio da docencia da materia.
Para superar a materia o alumno debe ter superados o exame teórico e práctico de forma independente.
Para poder presentarse ao exame práctico o alumno debe presentarse ao exame teórico.
De aprobar un dos exames gardarase a nota para as convocatorias do mesmo ano académico. As cualificacións expoñeranse no taboleiro de anuncios logo do consentimento do alumno, e tamén na páxina web da Universidade. A data de revisión e o lugar desta expoñeranse no taboleiro de anuncios. Datas de exame: A que figure no calendario oficial de exames da Facultade. |