Guia docente 2009_10
E.U. de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia en Xinecoloxía e Obstetricia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Traballos tutelados Os alumnos deben elaborar un traballo e expoñelo, así como debater sobre el.
Prácticas de laboratorio Utilizarase a demostración experimental e a estratexia de simulación, o tratamento didáctico de erros e o adestramento sistemático. O profesor fará a demostración de como se debe realizar a valoración e/ou protocolo de tratamento, a continuación os alumnos realizarán a práctica entre eles, corrixindo o profesor e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir.
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directoras dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000