Guia docente 2015_16
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia en xinecoloxía e obstetricia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Traballos tutelados O estudante, en grupo, elabora un traballo sobre a temática da materia. Trátase dunha actividade autónoma dos estudantes que inclúe a busca e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía e redacción.
Prácticas de laboratorio Utilizarase a demostración experimental e a estratexia de simulación, o tratamento didáctico de erros e o adestramento sistemático. O profesor fará a demostración de como se debe realizar a valoración e/ou protocolo de tratamento, a continuación os alumnos realizarán a práctica entre eles, corrixindo o profesor e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir.
Presentacións/exposicións Exposición e defensa do traballo con apoio audiovisual.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000