Guia docente 2009_10
E.U. de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia en Xinecoloxía e Obstetricia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Terase en conta o contido, presentación, claridade de contidos e a exposición. 10%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para presentarse ao exame teórico, o alumno deberá ter
realizado e presentado o traballo. Ademais, deberá asistir á discusión deste.
Este terá un valor de 1 sobre 10, que se engadirá á nota do exame teórico.

Para poder presentarse ao exame práctico, o alumno debe presentarse ao exame
teórico.

Para superar a materia hai que ter o exame teórico e o práctico aprobados de forma independente. Se non, a cualificación global será de suspenso (a nota numérica nunca chegará a 5).

De aprobar un dos exames gardarase a nota para as convocatorias do mesmo ano
académico.

As cualificacións expoñeranse no taboleiro de anuncios logo de consentimento
do alumno, e tamén na páxina web da Universidade. A data de revisión e o
lugar desta expoñeranse no taboleiro de anuncios.

Datas de exame:

A que figure no calendario oficial de exames da escola

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000