Guia docente 2010_11
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Pilates aplicado en fisioterapia
   Contidos
Tema Subtema
PROGRAMA TEÓRICO
1. Historia do método Pilates.
2. Principios básicos de Pilates.
3. Anatomía e biomecánica aplicada ao método Pilates.
4. Ferramentas que facilitan o movemento.
5. Máquinas e accesorios empregados no método Pilates.
6. Valoración: análise da postura e do movemento.
7. Principios para a progresión nos exercicios.
8. Principios para programar unha clase e dirixila.
9. Indicacións, precaucións e contraindicacións do método Pilates.
10. Consideracións en relación ás medidas de seguridade ao observar ao manexar o material empregado no método Pilates e ao executar os exercicios que o compoñen.
PROGRAMA PRÁCTICO
1. Análise da postura e dos movementos funcionais.
2. Exercicios pre-Pilates en mat (chan).
3. Exercicios de Pilates de nivel básico e intermedio en mat (chan).
4. Apoio e/ou progresión con pequenos implementos (balóns, rulos, bandas elásticas, círculos,…).
5. Clase básica de Pilates para traballar de forma individual ou en pequeno grupo con persoas sen problemas de saúde e en pacientes cunha patoloxía específica.
6. Consideracións básicas na montaxe das máquinas de Pilates (cadillac, reformer, cadeira e barril).
7. Introdución aos exercicios básicos de Pilates con máquinas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000