Guia docente 2011_12
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Pilates aplicado en fisioterapia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A primeira hora do curso académico nesta materia dedicarase a transmitir os obxectivos desta, detallar os contidos sobre os que se traballará e como se fará. Aclararanse os criterios de avaliación a seguir.
Sesión maxistral Nas clases teóricas combinarase a lección maxistral con clases teórico-participativas onde se fomente e se motive a participación activa do alumnado, xunto co estudio de casos (con documentación escrita e/ou audiovisual que o alumnado deberá ler previamente). Emprego de forma xenérica de medios audiovisuais, fundamentalmente computador persoal e proxector de vídeo, así como doutros medios materiais dispoñibles habitualmente para desenvolver a materia nas aulas, como o encerado e as xices. Entregaránselle ao alumnado, a través da plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/) ou da páxina web do profesor (http://webs.uvigo.es/gfuentes), as presentacións en powerpoint que se empregarán nas clases, así coma outro tipo de documentación, ben de cara a preparar as clases, ben para ampliar información. A teoría impartirase na aula correspondente ao 3º curso da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas seguirase unha metodoloxía demostrativa cunha análise razoada dos exercicios que compoñen o método Pilates. O profesor explicará e demostrará cómo se realizan os distintos exercicios, polo que serán prácticas guiadas onde se busque a integración, non só dos coñecementos teóricos da materia, senón tamén dos coñecementos anatómicos, biomecánicos, de localización anatómica e de patoloxía que xa posúan. Tódolos exercicios presentaranse nunhas fichas de prácticas, onde parte da información xa a vai a subministrar o profesor da materia, tendo o alumnado que completala segundo se vaian realizando. Ditas fichas poderanse atopar na plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/). Estas recollerán esquematicamente os seguintes apartados: nome en español e en inglés do exercicio; cómo realizalo na súa forma estándar; consideracións específicas para realizalo en canto a material; principios de Pilates que se traballan fundamentalmente nel; obxectivos do exercicio; apoios táctiles, verbais e de imaxes que se poden empregar para facilitalo; variantes (tanto para indicar cómo facilitar a súa realización ou qué exercicios previos empregar, como para dificultar a súa realización ou qué exercicios serían unha evolución do mesmo); indicacións; precaucións e contraindicacións máis relevantes; e outras observacións. O conxunto de ditas fichas de prácticas pódelle axudar ao alumnado a superar a parte práctica da materia, pois conformarán os exercicios que comporán o exame práctico. As prácticas de laboratorio faranse por grupo no laboratorio pertinente da Facultade de Fisioterapia de Pontevedra.
Traballos tutelados Os traballos implicarán un papel completamente activo por parte do alumnado e serán elaborados en grupo (de non máis de 4 persoas). Os traballos terán unha tripla posibilidade:
- Ben unha entrega cada semana dos apuntamentos da semana anterior ampliados, xunto cunhas preguntas tipo test en relación a ditos apuntamentos.
- Ben facer un traballo sobre o uso do método Pilates nunha patoloxía prevalente na nosa sociedade (por exemplo, en persoas con osteoporose; en caso de lumbalxias;…).
- Ou ben facer un traballo sobre o uso do método Pilates nunha poboación cunhas condicións físicas determinadas (por exemplo, en bailaríns; en deportistas de Alto Nivel; en persoas maiores;…).
A mediados do mes de febreiro, os grupos estarán conformados e cada grupo saberá o tema do seu traballo. Aqueles que fagan un traballo sobre o emprego do método Pilates nunha patoloxía ou nun grupo poboacional determinado, a mediados do mes de marzo lles será indicado o día da súa exposición, pois será obrigatorio presentalo publicamente dentro do grupo de laboratorio ao que pertenzan os compoñentes do grupo de traballo. O traballo nestes dous casos constará, basicamente, de dous apartados: por unha parte, un desenvolvemento teórico das características do grupo de persoas ou a patoloxía sobre as que se vai a actuar e, por outra, unha sesión tipo para este grupo diana xustificando o porqué dos exercicios que a compoñen. Ademais, estas dúas modalidades de traballo implicarán a súa presentación nas datas nas que se programen ao inicio do cuadrimestre. O profesor exercerá un papel de orientador e apoio no proceso de elaboración do traballo en cada grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000