Guia docente 2010_11
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Pilates aplicado en fisioterapia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Exame tipo test dun máximo de 50 preguntas de resposta única (máximo, 1 hora de duración ). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 1,75 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico e co traballo, non se poderá acadar menos de 1,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Por outra parte, sinalar que as deixadas en branco non descontarán, pero si o farán as contestacións erradas seguindo a seguinte formulación:
cualificación= acertos - (erros/nº opcións-1) / nº preguntas ·10
O valor deste exame: 35 da cualificación final da materia (máxima cualificación: 3,5 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Traballos e proxectos O traballo terá que serlle entregado en soporte informático ao profesor. Tamén se pode empregar a plataforma de ensino virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/), subindo o conxunto do traballo ao espazo que o grupo terá nesta dentro da materia.
A metade da puntuación do traballo corresponderá á presentación realizada, distribuíndose esta do seguinte modo: 0,25 puntos ao resumo entregado, 1 punto á exposición feita aos compañeiros -dinamismo, claridade, non se exceder de tempo,...-, 0,25 puntos á actuación persoal de cada membro do grupo e 0,25 puntos á valoración do resto dos alumnos.
A outra metade da valoración deste apartado, dependerá do traballo presentado ao profesor. A distribución desta puntuación será a seguinte: 1,25 puntos ao contido do traballo (contido, imaxes, vídeos...), 0,25 puntos á estrutura deste e 0,25 puntos pola bibliografía empregada e a súa boa referencia no traballo (normativa de Vancouver).
O traballo considerarase superado se se obteñen, polo menos, 1,5 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a facer media cos exames teórico e práctico, o alumno debe obter cando menos 1,2 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
El valor corresponderá al 30% de la calificación final de la materia (máximo de 3 puntos en una escala de 0 a 10).
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exame onde o alumno fará 2 exercicios dun xeito práctico (8 minutos como fisioterapeuta e outros tantos como paciente para o compañeiro). Os exercicios serán elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de exercicios que se fixeron ao longo do curso. Neste exame práctico cada erro (colocación do paciente, non dar as indicacións precisas,...) descontaralle ao alumno 1 punto nunha escala de 0 a 10. Tamén descontará 1 punto nunha escala de 0 a 10 cada franxa de 2 minutos que se exceda do tempo de exame. Por outra parte, descontará 2 puntos cometer un erro grave (por exemplo, non ter en conta algunha compensación biomecánica). Finalmente, deixar un dos exercicios sen contestar ou errar na realización do exercicio facendo outro distinto ao que tocou, descontará 5 puntos nunha escala de 0 a 10.
Para poder presentarse ao exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico e ter feito e exposto o traballo. Sacarase listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.
Farase un sorteo público para determinar a partir de qué alumno da comezo o exame práctico.
Para superar o exame, o alumno terá que acadar, polo menos, 1,75 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico e co traballo, non se pode acadar menos de 1,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
O valor deste exame: 35 da cualificación final da materia (máxima cualificación: 3,5 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos).
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Neste apartado da web do profesor coordinador da materia tedes a guía docente completa, observándose mellor a ecuación de cualificación do exame tipo test: http://webs.uvigo.es/gfuentes/pilates.htm 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000