Guia docente 2011_12
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Pilates aplicado en fisioterapia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Exame tipo test dun máximo de 50 preguntas de resposta única (máximo, 1 hora de duración ). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 1,75 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico e co traballo, non se poderá acadar menos de 1,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Por outra parte, sinalar que as deixadas en branco non descontarán, pero si o farán as contestacións erradas seguindo a seguinte formulación:
Cualificación= [acertos - (erros/nº opcións-1) / nº preguntas] ·10
O valor deste exame: 35 da cualificación final da materia (máxima cualificación: 3,5 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exame onde o alumno fará 3 exercicios dun xeito práctico (4 minutos por exercicio como fisioterapeuta e outros tantos como paciente para o compañeiro). Os exercicios serán elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de exercicios que se fixeron ao longo do curso, correspondendo 1 ao apartado de exercicios en máquinas e 2 a exercicios en mat. Neste exame práctico cada erro (colocación do paciente, non dar as indicacións precisas,...) descontaralle ao alumno 1 punto nunha escala de 0 a 10. Tamén descontará 1 punto nunha escala de 0 a 10 cada franxa de 2 minutos que se exceda do tempo de exame. Por outra parte, descontará 2 puntos cometer un erro grave (por exemplo, non ter en conta algunha compensación biomecánica). Finalmente, deixar un dos exercicios sen contestar ou errar na realización do exercicio facendo outro distinto ao que tocou, descontará 3,5 puntos nunha escala de 0 a 10.
Para poder presentarse ao exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico e ter feito e exposto o traballo. Sacarase listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.
Farase un sorteo público para determinar a partir de qué alumno da comezo o exame práctico.
Para superar o exame, o alumno terá que acadar, polo menos, 1,75 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico e co traballo, non se pode acadar menos de 1,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
O valor deste exame: 35 da cualificación final da materia (máxima cualificación: 3,5 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Traballos e proxectos A realización, exposición e defensa do traballo é obrigatoria para superar a materia. Ao mesmo tempo, para a superación do traballo, será imprescindible asistir ás titorías, así como presentar e defender o traballo nas datas establecidas ao inicio do cuadrimestre.
O traballo terá que ser entregado en soporte informático ao profesor. Tamén pode empregarse a plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/), subindo o conxunto do traballo ao espazo que o grupo terá na mesma dentro da materia.
A metade da puntuación do traballo corresponderá á presentación feita, distribuíndose a mesma do seguinte xeito: 1 punto á exposición feita aos compañeiros mediante rúbrica (15% tempo de exposición; 5% esquema das diapositivas; 15% texto das diapositivas; 20% estilo das diapositivas; 10% imaxes; 10% vídeos; 25% claridade da exposición), 0,25 puntos á actuación persoal de cada membro do grupo e 0,25 puntos á valoración do resto dos alumnos.
A outra metade da valoración deste apartado, dependerá do traballo presentado ao profesor. A distribución desta puntuación será a seguinte (rúbrica): 20% os contidos teóricos; 20% clase de Pilates programada; 5% conclusións sinaladas; 5% bibliografía; 5% estilo; 10% imaxes; 10% vídeos; 10% prazos de entrega; 10% valoracións feitas.
O traballo considerase superado se se acada, polo menos, 1,5 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a facer media cos exames teórico e práctico, o alumno debe acadar cando menos 1,2 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Previamente ao día da presentación, que se fará no grupo de laboratorio que lle corresponda, entregarase ao profesor da materia o traballo en soporte informático (incluirá tanto o traballo, como o resume, os vídeos feitos,...). Ademais, o día da presentación entregarase tamén un esquema-resumo (de non máis de dúas follas) das principais ideas do traballo e dos exercicios propostos ao resto dos compañeiros. A presentación dos traballos constará de dúas partes diferenciadas. A primeira, exposición do mesmo a cargo dos seus autores. Para isto, disporán dun máximo de 20 minutos. A segunda, contestar a todas aquelas preguntas que os compañeiros e/ou profesor lles fagan aos autores. Á hora de realizar a presentación, o alumnado poderá consultar na plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/) ou na páxina web do profesor (http://webs.uvigo.es/gfuentes) unha serie de consellos para facela, así como unhas normas para a súa elaboración
O valor corresponderá ao 30 da cualificación final da materia (máximo de 3 puntos nunha escala de 0 a 10).
 
Outros comentarios sobre a Avaliación






Aos alumnos que non superen a materia, gardaráselles a parte superada para a segunda convocatoria dentro do mesmo ano académico.


Lembrar que para superar a materia, hai que asistir ás titorías, presentar e defender o traballo dentro das datas establecidas na programación da materia.


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000