Guia docente 2015_16
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Pilates aplicado en fisioterapia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de tipo test Exame teórico de tipo test de 40 preguntas de resposta única (duración máxima de 1 hora). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 1,75 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico e co traballo, non se poderá acadar menos de 1,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos). Por outra parte, sinalar que as deixadas en branco non descontarán, pero si o farán as contestacións erradas seguindo a seguinte formulación: Cualificación = [acertos - (erros/nº opcións-1) / nº preguntas] · 10 O valor deste exame: 35 da cualificación final da materia (máxima cualificación: 3,5 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos). B1
B2
B3
B5
B6
C16
C36
C42
D4
D15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exame onde o alumno dirixirá 3 exercicios dun xeito práctico (10 minutos por exercicio). Os exercicios serán elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de exercicios que se fixeron ao longo do curso, correspondendo 1 ao apartado de exercicios en máquinas e 2 a exercicios en mat. Se así o desexa a maioría do alumnado, ao rematar as clases de Pilates en máquinas farase o exame práctico desa parte (suprimíndose esa pregunta da data que lle corresponda na convocatoria de maio-xuño).
Tódalas preguntas valoraranse de 0 a 10 puntos.
Para poder presentarse ao exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico e ter feito e exposto o traballo (agás no caso do exame práctico de máquinas, se é que este se adianta ao rematar as clases susoditas). Sacarase listado, tras o exame teórico, co horario de exame para cada parella de alumnos.
Farase un sorteo público para determinar a partir de qué alumno da comezo o exame práctico.
Para superar o exame, o alumno terá que acadar, polo menos, 1,75 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame teórico e co traballo, non se pode acadar menos de 1,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
O valor deste exame: 35 da cualificación final da materia (máxima cualificación: 3,5 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos). B3
B5
B6
B8
B14
B15
B19
C35
C36
C38
C44
C49
C51
C52
D1
D6
D9
D11
D13
D16
D17
D24
D28
D29
D30
Traballos e proxectos A realización, exposición e defensa do traballo é obrigatoria para superar a materia. Ao mesmo tempo, para a superación do traballo, será imprescindible asistir ás titorías, así como presentar e defender o traballo nas datas establecidas ao inicio do cuadrimestre.
O esquema da clase (basicamente, características dos pacientes-practicantes da clase; obxectivos terapéuticos da clase; relación de exercicios de Pilates da clase; vídeo da clase/exercicios) terá que ser entregado en soporte informático ao profesor. Tamén pode empregarse a plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/), subindo o conxunto do traballo ao espazo que o grupo terá na mesma dentro da materia.
A metade da puntuación do traballo corresponderá ao informe e o vídeo entregado, e a outra metade corresponderá á clase presentada ao profesor e aos compañeiros.
O traballo considerase superado se se acada, polo menos, 1,5 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a facer media cos exames teórico e práctico, o alumno debe acadar cando menos 1,2 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Á hora de realizar o traballo e a súa presentación, o alumnado poderá consultar na plataforma de ensinanza virtual faiTIC (http://faitic.uvigo.es/) ou na páxina web do profesor (http://webs.uvigo.es/gfuentes) unha serie de consellos, así como unhas normas para a súa elaboración
O valor do traballo corresponderá ao 30 da cualificación final da materia (máxima cualificación: 3 puntos, que representaría un 10 nunha escala de 0 a 10 puntos). B1
B3
B7
B8
B12
B14
B15
B18
B19
C45
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D9
D10
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D18
D19
D23
D24
D25
D28
D29
D30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Aos alumnos que non superen a materia, gardaráselles a parte superada para a segunda convocatoria dentro do mesmo ano académico.


Lembrar que para superar a materia, hai que asistir ás titorías, presentar e defender o traballo dentro das datas establecidas na programación da materia.


O alumno poderá elixir entre dous tipos de probas para os contidos teóricos: exame tipo test ou exame de resposta curta.
O exame de resposta curta constará de 5 preguntas (duración máxima de 1 hora). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 1,75 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). En todo caso, e de cara a unha posible media co exame práctico, non se poderá acadar menos de 1,4 puntos (corresponde a un 4 nunha escala de 0 a 10 puntos).
No caso de optar por esta forma de exame da parte teórica da materia, non se fará a opción tipo test.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000