Guia docente 2010_11
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Competencias de titulación
Código Descrición
A4 Adquirir a experiencia clínica axeitada que proporcione habilidades intelectuais e destrezas técnicas e manuais; que facilite a incorporación de valores éticos e profesionais; e que desenvolva a capacidade de integración dos coñecementos adquiridos.
A5 Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais.
A6 Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente.
A7 Deseñar o plan de intervención de fisioterapia atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia.
A9 Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados.
A15 Participar na elaboración de protocolos asistenciais de fisioterapia baseada na evidencia científica.
A17 Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta.
A19 Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral coma escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
B1 Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiais da Comunidade Autónoma.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B4 Capacidade de xestión da información
B5 Resolución de problemas
B6 Toma de decisións
B7 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo
B9 Compromiso ético
B12 Razoamento crítico
B15 Aprendizaxe autónoma
B16 Motivación por a calidade.
B17 Adaptación a novas situacións
B18 Creatividade
B19 Iniciativa e espírito emprendedor
B23 Traballar con responsabilidade
B24 Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000