Guia docente 2015_16
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Contidos
Tema Subtema
Realización dun traballo:

Co fin de acadar unha carga de traballo semellante nos Traballos de Fin de Grao (TFG) que deben facer o alumnado ao ser estes titorizados por diversos profesores e a que haberá varios tribunais xulgadores é conveniente establecer unhas pautas para a elaboración de dito traballo e para a valoración dos mesmos.
O TFG será unha Revisión bibliográfica sobre calquera tema do ámbito de ciencias da saúde.
Debe constar de :
• Introducción/obxectivo
• Material e Método
• Resultados
• Discusión
• Conlusións
Poderán agruparse os apartados en Resultados/Discusión ou ben en Discusión/Conclusions.
Indicaranse as palabras clave utilizadas según os termos do Medical Subject Headings (MeSH) do Index Medicus.
Extensión mínima de 15 e máxima de 20 páxinas de texto sen incluir o título, resume, bibliografía e anexos e seguindo as normas de maquetación.

Formato:
Para os apartados utlilizaranse maiúsculas e negrita e os subapartados en minusculas e negrita, letra Arial tamaño 12.
Párrafo, alineación xustificada, sangría en primeira linea de 1.25, interlineado 1.5, espaciado anterior 6 puntos. Fuente, letra Arial tamaño 11.
As paxinas nunha soa cara cos marxes superior, inferior e lateral dereito de 2,5 e lateral esquerdo de 3. Na marxe superior o titulo do traballo e na marxe inferior o nome e apelidos do alumno e numeradas na parte inferior dereita, letra Arial tamaño 8.
REFERENCIAS BIBLIOGRAFICAS
Será referenciada segundo as normas de Vancouver, enumerarase de forma correlativa con superíndice segundo orde de aparición no texto por primeira vez, utilizando un xestor bibliográfico.
Os artígos utilizados para a súa análise serán como mínimo de 12 dos últimos 5 anos, debendo utilizar como mínimo 15 referencias bibliográficas entre artigos de revistas e de libros os cales estarán limitados a 2 ou 3 como máximo. O titor poderá modificar este apartado sempre que se xustifique.
Ámbito das Ciencias da saúde.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000