|
B2 |
Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia. |
|
B4 |
Adquirir a experiencia clínica axeitada que proporcione habilidades intelectuais e destrezas técnicas e manuais; que facilite a incorporación de valores éticos e profesionais; e que desenvolva a capacidade de integración dos coñecementos adquiridos. |
|
B6 |
Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente. |
|
B8 |
Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario. |
|
B10 |
Elaborar o informe de alta dos coidados de Fisioterapia unha vez cubertos os obxectivos propostos. |
|
B12 |
Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde. |
|
B14 |
Incorporar os principios éticos e legais da profesión na práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións. |
|
B16 |
Levar a cabo as intervencións fisioterapéuticas baseándose na atención integral da saúde que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial. |
|
B18 |
Adquirir habilidades de xestión clínica que inclúan o uso eficiente dos recursos sanitarios e desenvolver actividades de planificación, xestión e control nas unidades asistenciais onde se poña atención en fisioterapia e a súa relación con outros servizos sanitarios. |
Sinale C
|
Código |
Habilidades |
|
C1 |
Coñecer e comprender a Anatomía e Fisioloxía humanas, destacando as relacións dinámicas entre a estrutura e a función, especialmente do aparato locomotor e os sistemas nervioso e cardio-respiratorio |
|
C2 |
Coñecer a estrutura do corpo humano dende o punto de vista dos medios de diagnóstico por imaxe |
|
C3 |
Coñecer e comprender os factores que inflúen sobre o crecemento e desenvolvemento humanos ao longo de toda a vida |
|
C4 |
Coñecemento e comprensión da estrutura e función do corpo humano a nivel molecular, celular, de órganos e sistemas; dos mecanismos de regulación e control das diferentes funcións |
|
C5 |
Coñecer e comprender o funcionamento dos diferentes sistemas biofísicos e bioquímicos |
|
C6 |
Coñecer e comprender os principios e teorías da física, a biomecánica, a cinesioloxía e a ergonomía, aplicables á fisioterapia |
|
C7 |
Coñecer e comprender as bases físicas dos distintos axentes físicos e as súas aplicacións en Fisioterapia |
|
C8 |
Coñecer e comprender os principios e aplicacións dos procedementos de medida baseados na biomecánica e na electrofisioloxía |
|
C9 |
Coñecer e comprender a aplicación dos principios ergonómicos e antropométricos |
|
C10 |
Coñecer e comprender os factores psicolóxicos e sociais que inflúen no estado de saúde/enfermidade do individuo, familia e comunidade |
|
C11 |
Coñecer e comprender as teorías da comunicación e das habilidades interpersonais |
|
C12 |
Coñecer e comprender as teorías da aprendizaxe a aplicar na educación para a saúde e no seu propio proceso de aprendizaxe ao longo de toda a vida |
|
C13 |
Coñecer e comprender os factores que interveñen no traballo en equipo e en situacións de liderado |
|
C14 |
Coñecer e comprender os conceptos de exploración física, valoración, diagnóstico e pronóstico; as bases teóricas das valoracións, test e comprobacións funcionais, a avaliación científica da súa utilidade e efectividade, así como as etapas e recursos do proceso de intervención de fisioterapia |
|
C15 |
Coñecer e comprender os aspectos xerais da patoloxía de etioloxía endóxena e exóxena relacionada coa fisioterapia de todos os aparatos e sistemas cos seus tratamentos médicos, cirúrxicos, fisioterapéuticos e ortopédicos |
|
C16 |
Coñecer e comprender os cambios estruturais, fisiolóxicos, funcionais e de conduta que se producen como consecuencia da intervención da Fisioterapia |
|
C17 |
Coñecer e comprender as bases teóricas da Fisioterapia como ciencia e profesión. Os modelos de actuación en Fisioterapia: O diagnóstico de Fisioterapia. Metodoloxía da investigación aplicada á Fisioterapia |
|
C18 |
Coñecer e comprender os procedementos fisioterapéuticos xenerais e os derivados doutros axentes físicos |
|
C19 |
Coñecer e comprender os Procedementos fisioterapéuticos baseados en Métodos e Técnicas específicos de actuacións fisioterapéuticas a aplicar nas diferentes patoloxías de todos os aparatos e sistemas, e en todas as da saúde, e na prevención da enfermidade. Tales métodos están referidos, entre outros: aos procesos neurolóxicos; do aparato locomotor (terapias manuais, terapias manipulativas articulares, oteopatía e quiropraxia); do aparato respiratorio; do sistema cardiocirculatorio; ás alteracións da estática e a dinámica; aos métodos específicos ortopédicos; e ás técnicas terapéuticas reflexas, alternativas ou complementarias afines ao campo de competencia da Fisioterapia |
|
C20 |
Adquisición de vocabulario propio no campo da Fisioterapia |
|
C21 |
Adquirir formación científica básica en investigación |
|
C22 |
Coñecer e comprender as teorías que sustentan a capacidade de resolución de problemas e o razoamento clínico |
|
C23 |
Coñecer e comprender os procesos de administración e xestión sanitaria, especialmente dos servizos de fisioterapia, no contexto diverso e cambiante no que esta se desenvolve |
|
C24 |
Coñecer e comprender as implicacións das disposicións organizativas e dos modelos traballo |
|
C25 |
Coñecer e comprender os criterios e indicadores que garantan a calidade na prestación do servizo de fisioterapia, mediante o uso de guías de boa práctica clínica e de estándares profesionais |
|
C26 |
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais da saúde, os sistemas de saúde e niveis asistenciais. A Fisioterapia no proceso saúde-enfermidade |
|
C27 |
Coñecer e comprender o impacto das políticas socio-sanitarias na práctica profesional |
|
C28 |
Coñecer e comprender os factores que interveñen nos problemas de desigualdade social e nas necesidades de saúde dos diferentes grupos sociais |
|
C29 |
Coñecer e comprender as condicións éticas, legais e profesionais que conforman a práctica da Fisioterapia |
|
C30 |
Coñecer e comprender os códigos deontolóxicos da profesión |
|
C31 |
Coñecer e comprender as normas legais de ámbito profesional |
|
C32 |
Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar aos estudantes na prevención, a detección precoz, a asistencia e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia |
|
C33 |
Coñecer o vocabulario Inglés imprescindible para poder entender e realizar textos no ámbito de Ciencias da Saúde |
|
C34 |
Elaborar e cumprimentar de forma sistemática a Historia Clínica de Fisioterapia completa, onde se rexistre de forma adecuada e eficaz todos os pasos seguidos dende a recepción do paciente/usuario ata o informe ao alta de Fisioterapia |
|
C35 |
Valorar o estado funcional do paciente/usuario, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais |
|
C36 |
Determinar o Diagnóstico de Fisioterapia de acordo coas normas recoñecidas internacionalmente e cos instrumentos de validación internacionais. Esta competencia inclúe xerarquizar as necesidades do paciente/usuario para atender con prioridade aquelas que máis comprometan ao proceso de recuperación |
|
C37 |
Deseñar o Plan de Intervención de Fisioterapia. Elaborar un Plan específico de Intervención de Fisioterapia empregando habilidades de resolución de problemas e razoamento clínico: en consonancia cos recursos dispoñibles; formulando os obxectivos de intervención co usuario e, no seu caso, coas persoas significativas do seu entorno, recollendo as súas expectativas respecto da atención; seleccionando os protocolos ou procedementos máis adecuados á atención planificada, atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia |
|
C38 |
Executar, dirixir e coordinar, o Plan de Intervención de Fisioterapia, atendendo ao principio da individualidade do usuario e utilizando as ferramentas terapéuticas propias da Fisioterapia, é dicir, o conxunto de métodos, procedementos, actuacións e técnicas que mediante a aplicación dos medios físicos: curan, recuperan, habilitan, rehabilitan, adaptan e readaptan ás persoas con deficiencias, limitacións funcionais, discapacidades e minusvalías; preveñen as enfermidades e promoven a saúde ás persoas que queren manter un nivel óptimo de saúde |
|
C39 |
Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento de Fisioterapia en relación aos obxectivos marcados e aos criterios de resultados establecidos. Para iso será necesario: definir e establecer os criterios de resultados; realizar a valoración da evolución do paciente/usuario; rediseñar os obxectivos segundo a valoración, si é preciso; e adecuar o plan de intervención ou tratamento aos novos obxectivos, no seu caso |
|
C40 |
Elaborar o informe ao alta de Fisioterapia. Cando considere que se cubriron os obxectivos propostos, ben por curación do proceso ou ben porque se esgotaron as posibilidades de recuperación coas medidas terapéuticas ao alcance, propoñerase a alta de Fisioterapia e elaborarase o informe pertinente |
|
C41 |
Proporcionar unha atención de Fisioterapia de forma eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes/usuarios, para o que será necesario: Interpretar as prescricións facultativas; preparar o entorno en que se levará a cabo a atención de Fisioterapia para que sexa confortable; manter informado ao paciente do tratamento que se lle aplica, explicándolle as probas e manobras que se lle practican, a preparación que requiren, e exhortarlle a que colabore en todo momento; rexistrar diariamente a aplicación da atención en Fisioterapia, a evolución e os incidentes da mesma; identificar signos e síntomas de alteración das funcións biolóxicas relacionados coa atención de Fisioterapia; controlar e interpretar os signos vitais durante a execución do tratamento diario; orientar as actividades e modo de actuación en relación cos pacientes/usuarios, do persoal non sanitario e subalterno; e avaliar a propia atención proporcionada aos pacientes/usuarios |
|
C42 |
Intervir nos ámbitos de promoción da saúde e prevención da enfermidade |
|
C43 |
Relacionarse de forma efectiva con todo o equipo pluridisciplinar. Iso inclúe: establecer os obxectivos de Fisioterapia no seo do equipo; recoller, escoitar e valorar as reflexións do resto do equipo pluridisciplinar cara ás súas actuacións; aceptar e respectar a diversidade de criterios do resto dos membros do equipo; recoñecer as competencias, habilidades e coñecementos do resto dos profesionais sanitarios; participar e integrarse nos traballos do equipo nas súas vertentes científicas e profesionais, así como de relación cos familiares, grupos de interese e institucións; facer da comunicación e o respecto aos profesionais as ferramentas de superación dos conflitos interprofesionais e de competencias |
|
C44 |
Incorporar á cultura profesional os principios éticos e legais da profesión |
|
C45 |
Incorporar a investigación científica e a práctica baseada na evidencia como cultura profesional |
|
C46 |
Analizar críticamente os métodos, protocolos e tratamentos da atención en Fisioterapia e velar porque estes se adecuen á evolución do saber científico |
|
C47 |
Desenvolver actividades de planificación xestión e control dos servizos de Fisioterapia |
|
C48 |
Aplicar os mecanismos de garantía de calidade na práctica da Fisioterapia, axustándose aos criterios, indicadores e estándares de calidade recoñecidos e validados para a boa práctica profesional |
|
C49 |
Afrontar o estrés, o que supón ter capacidade para controlarse a si mesmo e controlar a contorna en situacións de tensión |
|
C50 |
Asumir riscos e vivir en entornos de incerteza, é dicir, ter a capacidade para desempeñar unha responsabilidade sen coñecer ao 100% o resultado final |
|
C51 |
Motivar a outros. O que supón ter a capacidade de xerar nos demais o desexo de participar activamente e con ilusión en calquera proxecto ou tarefa |
|
C52 |
Aplicar os principios ergonómicos ou de hixiene postural no desenvolvemento da súa actividade |
|
C53 |
Habilidade para o manexo de instrumentos de laboratorio e de aparellos básicos para o estudo experimental |
|
C54 |
Interpretar os resultados dun experimento básico en ciencias biolóxicas e físicas |
|
C55 |
Habilidade para realizar disección básica |
|
C56 |
Capacidade para identificar os diferentes tecidos nunha disección |
|
C57 |
Capacidade de identificar elementos estruturais e alteracións da normalidade nos diferentes métodos de análises e diagnóstico a través da imaxe |
|
C58 |
Comprender e redactar textos en inglés no ámbito de Ciencias da Saúde |
Sinale D
|
Código |
Competencias |
|
D1 |
Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiais da Comunidade Autónoma. |
|
D2 |
Capacidade de análise e síntese. |
|
D3 |
Capacidade de organización e planificación. |
|
D4 |
Capacidade de xestión da información |
|
D5 |
Resolución de problemas |
|
D6 |
Toma de decisións |
|
D7 |
Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo |
|
D8 |
Comunicación a persoal cualificado como a non cualificado |
|
D9 |
Compromiso ético |
|
D10 |
Traballo en equipo |
|
D11 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
|
D12 |
Razoamento crítico |
|
D13 |
Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade. |
|
D14 |
Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar |
|
D15 |
Aprendizaxe autónoma |
|
D16 |
Motivación por a calidade. |
|
D17 |
Adaptación a novas situacións |
|
D18 |
Creatividade |
|
D19 |
Iniciativa e espírito emprendedor |
|
D20 |
Liderado |
|
D21 |
Coñecemento doutras culturas e costumes |
|
D22 |
Sensibilidade cara a temas ambientais |
|
D23 |
Traballar con responsabilidade |
|
D24 |
Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora |
|
D25 |
Manifestar respecto, valoración e sensibilidade ante o traballo dos demais |
|
D26 |
Colaborar e cooperar con outros profesionais |
|
D27 |
Manifestar discreción |
|
D28 |
Mostrar a súa orientación ao paciente/usuario |
|
D29 |
Axustarse aos límites da súa competencia profesional |
|
D30 |
Desenvolver a capacidade para organizar e dirixir |