Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua clásica: Lingua latina
   Contidos
Tema Subtema
Contexto histórico, lingüístico e cultural do latín As orixes indoeuropeas.
As linguas itálicas.
A expansión do latín na antigüidade.
Evolución e conservación do latín na Idade Media.
Fonética, fonoloxía e escritura O alfabeto latino.
A reconstrución da pronuncia na época clásica.
A acentuación.
Semellanzas e diferenzas máis importantes entre o sistema fonolóxico latino e o galego e castelán.
Morfoloxía A conxugación verbal.
A declinación nominal e pronominal.
O sufixo do comparativo de superioridade e de superlativo.
Sintaxe O sistema de casos. Complementariedade entre casos e preposicións.
A 'consecutio temporum' e os usos do subxuntivo.
O segundo termo de comparación e o superlativo relativo.
As oracións de relativo.
Os participios e o xerundivo: participios concertados; participios absolutos; perifrástica.
O infinitivo. O infinitivo con suxeito en acusativo. A construción 'persoal'.
O xerundio: a súa complementariedade con infinitivos e xerundivos.
O supino.
A conxunción 'cum' e os seus usos.
Os diferentes usos do 'ut'.
O período condicional.
Outras construcións subordinadas completivas.
Outras construcións subordinadas circunstanciais.
Vocabulario O enunciado dos verbos latinos. Listaxe dos verbos latinos máis frecuentes.
O enunciado dos substantivos e dos adxectivos. Listaxe dos substantivos e adxectivos latinos máis frecuentes.
Peculiaridades dos adverbios. Listaxe dos adverbios latinos máis frecuentes.
Tradución Recomendacións para a tradución directa (de latín a galego ou español) e inversa (do galego ou español ao latín).
O uso do dicionario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000