Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua clásica: Lingua latina
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Tradución de frases curtas que precisan a aplicación de coñecementos sintácticos específicos (uso dos casos, formas nominais do verbo, etc.). 30
Probas de resposta curta Realización de probas escritas nas que se demostre o coñecemento e a aplicación da morfoloxía (nominal e verbal) e da fonética latinas. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Tradución de textos latinos, de certa extensión (orixinais ou adaptados). 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia está dividida en tres
grandes apartados que gardan entre eles unha inevitable gradación, de tal xeito que
non se poden facer progresos no segundo ou terceiro sen antes ter un
dominio suficiente dos apartados previos:

 
1) fonética e morfoloxía,

 
2) sintaxe,

 
3) tradución.

Ao longo do curso, os alumnos
deberán resolver individualmente na aula certos exercicios que o profesor
recollerá e corrixirá. Por medio destes exercicios o profesor irá vendo en
diferentes momentos do curso ata qué punto cada un dos alumnos vai acadando os
obxectivos previstos en cada un deses tres grandes apartados. Por outra banda,
dado o carácter intrinsecamente acumulativo da materia (na aprendizaxe dun
idioma, cada novo coñecemento sempre require manter actualizados os
coñecementos previos), os resultados destes exercicios serán tanto máis indicativos
canto máis avanzado vaia o curso, pois reflicten non só o coñecemento da
materia máis recente, senón o de toda a materia precedente.

A proba final (a finais do período lectivo), á que deben presentarse
todos os alumnos, constará de tres partes, paralelas a eses tres grandes
apartados nos que se divide a materia:

 
1) fonética e morfoloxía: silabación e acentuación; recoñecemento de
formas nominais e verbais.

 
2) sintaxe: tradución de diversas frases illadas nas que se recollan
estruturas sintácticas específicas (construcións de participios ou infinitivos,
usos do ‘ut’, etc.).

 
3) tradución: tradución de textos orixinais (eventualmente
simplificados).

Os alumnos que, polos motivos que
sexan, non tivesen asistido regularmente ás clases, terán que ser avaliados
exclusivamente polos resultados desta proba final.

Polo contrario, cada un dos
alumnos que entregasen ao longo do curso todos ou case todos os anteditos
exercicios recibirá antes da proba final unha comunicación escrita e persoal na
que se lle comunicará a porcentaxe que, a xuízo do profesor, ten xa lograda dos
obxectivos fixados para cada un dos tres apartados en que se divide a materia.
Os resultados da proba final unicamente serán tidos en conta se permiten elevar
estas porcentaxes.

Tanto no caso dos alumnos que
unicamente se presentaron á proba final, como no dos que tamén foron entregando
os exercicios solicitados ao longo do curso, a puntuación final absoluta
obterase a través das puntuacións en cada un dos tres grandes apartados segundo
a seguinte proporción:

 
1) fonética e morfoloxía: 30%

 
2) sintaxe: 30%

 
3) tradución: 40%

A proba da segunda convocatoria
terá a mesma estrutura que a da primeira, e seguiranse exactamente os mesmos
criterios.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000