Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama da literatura galega II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Haberá unha sesión introdutoria ao conxunto da materia, de dúas horas de duración, con delimitación dos seus contidos, métodos, probas a realizar, textos que deben ler os alumnos , etc.
Sesión maxistral Haberá entre 12 e 16 sesións maxistrais, e outras tantas prácticas, vinculadas ao desenvolvemento teórico do programa. Nelas darase unha visión de conxunto da tradición literaria galega ao longo do séc. XX.
Eventos docentes e/ou divulgativos Unha parte importante da actividade do alumnado consistirá na súa asistencia a conferencias, recitais, mesas redondas, proxeccións de filmes, seminarios específicos sobre temas literarios, representacións teatrais, etc. Estas actividades serán sinaladas polo docente.
Obradoiros Haberá un mínimo de 13 sesións de comentario de texto, cada unha de dúas horas de duración.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar un pequeno traballo de comprobación de lectura de autores e obras do programa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000